O Bloque Nacionalista Galego aposta en desenvolver as potencialidades de Vigo como destino MICE (Meeting, Incentives, Conferencing and Exhibitions, en inglés), revitalizando a Fundación Vigo Convention Bureau (VCB) e dinamizando os grandes espazos e auditorios cos que conta a cidade.
O concelleiro e candidato á alcaldía do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, defendeu a necesidade de “reorientar o actual modelo turístico de excursionismo masificado para avanzar cara a un máis sustentábel, desestacionalizado e que xere valor engadido”. “Vigo ten un enorme potencial no ámbito do turismos de congresos, convencións feiras e exhibicións, pola nosa localización xeográfica privilexiada no eixo Atlántico, polo enorme dinamismo económico e produtivo que temos como maior cidade galega, por contarmos con auditorios e espazos de primeiro nivel e por unha traxectoria de éxito organizado grandes eventos como Conxemar ou a Mindtech”, explicou Igrexas.
“Fronte a quen patrocina o xa superado modelo do excursionismo masivo, que satura a cidade e ten claros impactos negativos en termos de habitabilidade e sustentabilidade da cidade, o turismo MICE ofrece importantes retornos económicos e unha proxección internacional como cidade moito máis sólida”, defende o candidato nacionalista.
Desde o BNG apostan en revitalizar a Fundación Vigo Convention Bureau (VCB), como instrumento para promover a realización na nosa cidade de congresos, convencións, ferias e exhibicións e para dinamizar os grandes espazos expositivos e auditorios cos que conta Vigo.
"A VCB naceu en 2008 da man do propio BNG desde o Goberno local, co obxectivo de captar a organización de eventos nacionais e internacionais, pero desde hai máis dunha década atravesa un evidente estancamento pola falla de financiamento e de dinamización da entidade", explican dende o BNG. “Hai quen prefire vivir na súa fábula infantil de cifras imposíbeis de visitantes e retornos imaxinarios do Nadal, mentres outras cidades con menos potencial que Vigo logran referenciarse cun turismo de calidade”, lamentou Igrexas.
Una "ruta musical" por los chiringuitos de Vigo, la medida propuesta al Concello para el retorno de los conciertos gratuitos a estos espacios
La Xunta licita la obra de construcción de este singular edificio en Vigo que se destinará a 80 alojamientos compartidos para jóvenes
Un puente internacional (y peatonal) entre Galicia y Portugal, la Diputación de Pontevedra capta fondos europeos para realizar esta gran obra
Aparcar gratis en Nigrán es posible, el Concello estrena un nuevo parking público con más de 100 plazas de estacionamiento
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL