O Bloque Nacionalista Galego critica que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, "presuma do gasto millonario" no ascensor Halo mentres "mantén no abandono aos barrios". A fronte nacionalista lembra ao rexedor que as necesidades da cidade "son máis que grandes obras e inauguracións no centro" e reclama máis investimentos para as parroquias, que padecen a “permanente” inexecución orzamentaria do Goberno municipal.
O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, lamentou que o mesmo Goberno de Caballero que “volve fachendear dese millonario ascensor de Star Trek” —após colocar este martes a primeira pedra desta infraestrutura de case 13 millóns de euros — mantén un muro caído no barrio do Freixeiro desde hai máis de tres anos e segue sen dotar duns aseos á ETEA demandados pola veciñanza desde hai seis, entre outros exemplos da desatención continua dos barrios e parroquias da cidade.
Igrexas afeou o “atrevemento e o cinismo” do Goberno local, a quen acusou de facer “propaganda partidista con diñeiro público de todas as viguesas e vigueses” por presentar como humanizacións o que son “apenas asfaltados” de camiños. Nese sentido, o edil nacionalista demandou “menos propaganda e máis políticas reais” que atendan as necesidades de toda a veciñanza, tamén da que non reside na zona centro.
Desde o BNG sinalaron como evidencia deste abandono a “permanente” inexecución dos orzamentos municipais. “Os datos do propio Concello de Vigo demostran como cada ano tres de cada catro euros comprometidos para investimentos volven quedar na caixa”, lamentou Igrexas. “Abel Caballero promete, anuncia, volve prometer e anunciar, pero as cifras amosan como tres de cada catro promesas que fai son puro fume”, remachou.
Un saúdo
¿Puede la actividad física en entornos forestales ayudar a regular el sistema nerviosos autónomo y tener efectos en estados de estrés?
La Policía Local de Vigo detiene a un hombre que intentó robar en una vivienda. Fue sorprendido tras romper una ventana
La Confederación Hidrográfica Miño-Sil ha confirmado la toma de muestras en diversos puntos de arroyos y ríos
La vicepresidenta provincial visitó la humanización de Clara Campoamor en la que la Diputación aportó más de 1,13 millones
¿Puede la actividad física en entornos forestales ayudar a regular el sistema nerviosos autónomo y tener efectos en estados de estrés?
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL