O Bloque Nacionalista Galego acusa o goberno de Abel Caballero de “consentir un atentado urbanístico” nas Illas Cíes. A fronte nacionalista reprocha a falla de explicacións do Concello diante das obras “ilegais” para ampliar tres vivendas e construír dúas naves sen contar cos informes sectoriais preceptivos nin as licenzas urbanísticas, así como por tardar 7 anos (de 2015 a 2022) en realizar a primeira inspección.
“O BNG interpelamos a concelleira María José Caride para lle demandar que explicase que actuacións tiña adoptado dende que se tivo coñecemento destas obras ilegais”, denunciou o concelleiro e portavoz nacionalista na cidade, Xabier P. Igrexas, que lamentou a falla de respostas por parte da responsábel de Urbanismo no último Consello da Xerencia Municipal.
Igrexas avanzou que o Bloque “non vai permitir nin tolerar que esta actuación continúe na opacidade”, polo que urxiu a Caride para que dea a cara. “O Concello de Vigo ten que acutar de maneira enérxica en contra deste atentado urbanístico nun ámbito tan importante e protexido como as Cíes”, demandou o portavoz do BNG, que asegurou que estes casos, que afectan a catro parcelas, están perfectamente documentados.
“É un escándalo que o mesmo Goberno municipal que fixo bandeira da defensa das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade teña sido cooperador necesario, por acción ou por omisión, para permitir unhas obras ilegais e que estas fiquen impunes”, remachou o edil nacionalista.
El policía fue alcanzado por un petardo, que le impactaría en el pie derecho, por lo que tuvo que ser atendido en urgencias
Vilagarcía ha anunciado que ya es posible bañarse con normalidad en la playa de Canelas. La Xunta desaconsejó temporalmente el baño en ella
Caballero destaca que Zona Franca de Vigo invertirá 90,9 millones en la ciudad con el impulso de importantes proyectos
Anuncian solicitarán el acceso a todos los expedientes de autorización de eventos públicos tramitados desde el 1 de enero
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL