O Bloque Nacionalista Galego de Vigo alerta do risco de que a tradicional feira ‘O Feito a Man’ non se celebre este ano polo “boicot” do Concello. A fronte nacionalista vén de esixir explicacións polos “obstáculos deliberados” do Goberno municipal para facilitar unha localización idónea para a 38º edición deste evento organizado pola Asociación Galega de Artesáns e Artesás, após o mal resultado do ano anterior no mercado de Nadal da Alameda.
“Facémolo despois de termos constancia de maneira directa dos atrancos inxustificábeis que o goberno de Abel Caballero está a poñerlle á organización da feira”, advertiu o concelleiro e candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, que lamentou que, tras varias reunións, as diferentes propostas realizadas ao Concello para realizala nunha ubicación axeitada foran vetadas malia o descontento polo “moi mal resultado” do ano pasado, cando se viron forzados a se instalar nas inmediacións do mercado de nadal da Alameda, o chamado Cíes Market. "Os atrancos inxustificábeis do goberno de Abel Caballero poden facer que esta feira referente da artesanía non se celebre por primeira vez desde 1986, coa excepción de 2020 por mor da pandemia", explica Xabier P. Igrexas.
Nese sentido, o edil nacionalista interpelou este mércores ao Goberno municipal na Comisión Informativa de Comercio para que aclare os motivos para dificultar a realización do tradicional ‘Feito a Man’. “O BNG alertamos do risco real de que unha feira decana en Vigo, que se celebra desde o ano 1986 e que se configurou xa como unha referencia do nadal da cidade, non se vaia celebrar este ano”.
Un dos grandes atractivos desta nova proposta cultural en Vigo é a exhibición de grandes obras que rara vez viron a luz pública
El sorteo de la Bonoloto dejó una pequeña alegría en Vigo. Un boleto sellado en un estanco de Coruxo tuvo un buen premio
El pan, la industria, la piedra y Antonio Palacios, protagonistas en el escudo y en la bandera de O Porriño que aprobó el Consello de la Xunta
Después de celebrar su primer aniversario, una cafetería y "patisserie" de Vigo abre su segundo local. Así celebrará su inauguración
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL