O Bloque Nacionalista Galego vén de denunciar publicamente a talla dunha árbore na rúa do Carme por parte de operarios dunha empresa de transporte para facilitar o paso dun camión de grandes dimensións ao pavillón municipal. A árbore tallada quedou tirada dentro das instalacións exteriores do propio pavillón.
O feito tivo lugar na mañá do pasado venres, cando diante das dificultades para manobrar o vehículo marcha atrás e introducilo no Pavillón, "operarios descenderon do mesmo para retirar “motoserra en man” unha das árbores instaladas na rúa do Carme". Diante desta situación a veciñanza presente demandou explicacións aos responsábeis da talla que foron respondidas con ameazas de agresión cara a un dos veciños.
O BNG ten constancia de que a Policía Local ten coñecemento deste suceso, que cualifican de “inaudito”, xa que dous axentes se personaron no lugar. É por iso, que o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, vai dirixirse ás concellarías de Deportes e de Seguridade para demandar explicacións exhaustivas do acontecido e para demandar que se emprendan as accións precisas para depurar responsabilidades.
“É escandaloso o tratamento que se lle dá, día si e día tamén, ao arboredo da nosa cidade. Un arboricidio permanente onde se trata as árbores como simples obstáculos, como elementos de quitar e poñer, e onde temos que presenciar escenas tan dantescas como a vivida na rúa do Carme”, valorou Igrexas.
El sorteo de la Bonoloto dejó una pequeña alegría en Vigo. Un boleto sellado en un estanco de Coruxo tuvo un buen premio
El pan, la industria, la piedra y Antonio Palacios, protagonistas en el escudo y en la bandera de O Porriño que aprobó el Consello de la Xunta
Después de celebrar su primer aniversario, una cafetería y "patisserie" de Vigo abre su segundo local. Así celebrará su inauguración
Los usuarios y usuarias de las playas de Baiona podrán volver a bañarse en Ladeira y Santa Marta. Ambas vuelven a tener un agua "excelente"
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL