O Bloque Nacionalista Galego de Vigo denuncia as condicións insalubres nos vestiarios das pistas de atletismo de Balaídos. A fronte nacionalista recolle así as protestas das e dos atletas diante da evidente falla de limpeza e a inundación dos aseos nas últimas semanas, que se suman ao «total abandono» que padecen as instalacións deportivas desde hai anos por parte do goberno de Abel Caballero.
«Esta situación inaceptábel compromete a hixiene e a salubridade», advertiu o concelleiro e candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, que trasladou a denuncia á concellería de Deportes instando a adopción de medidas para que a empresa responsábel da limpeza, Star Servizos, resolva de maneira inmediata estas deficiencias.
Igrexas subliñou que «as e os deportistas de Vigo non merecen ser castigados cunhas instalacións obsoletas e sucias nas que o alcalde, Abel Caballero, non se atrevería a poñer un só pé». Nese sentido, reiterou a esixencia do BNG de realizar a remodelación comprometida das pistas de atletismo, pendente desde 2008.
O candidato nacionalista acusou tanto ao Concello de Vigo como á Xunta de Galiza de ter nun estado «lamentábel» as instalacións de Balaídos polas continuas leas partidistas entre PSOE e PP. Urxiu a facer efectivo o convenio de reforma asinado por ambas institucións hai 14 anos e, singularmente, chamou ao rexedor a cumprir coa promesa realizada en xullo de 2021 de iniciar o proxecto para remodelación.
Después de celebrar su primer aniversario, una cafetería y "patisserie" de Vigo abre su segundo local. Así celebrará su inauguración
Los usuarios y usuarias de las playas de Baiona podrán volver a bañarse en Ladeira y Santa Marta. Ambas vuelven a tener un agua "excelente"
La vicepresidenta de la Diputación Luisa Sánchez destaca que la nueva imagen de Pintor Colmeiro ya está lista para que Vigo la disfrute
El policía fue alcanzado por un petardo, que le impactaría en el pie derecho, por lo que tuvo que ser atendido en urgencias
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL