• Incendio Oia
  • Incendio Vilaboa
  • Parques infantiles Vigo
  • Turismo en Vigo
  • Biblioteca Teis
  • Incendios Galicia
  • Mercado Bouzas
  • Ikea Vialia
  • Festival Pontevedra
  • Nintendo Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O BNG de Vigo denuncia graves defectos e atrasos na tramitación do Ingreso Mínimo Vital

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
09/02/2021

O Bloque Nacionalista Galego denunciou esta mañá en Vigo as "graves eivas" na tramitación das solicitudes do Ingreso Mínimo Vital (IMV). En rolda de prensa, o concelleiro do BNG na cidade olívica, Xabier P. Igrexas, criticou "a violencia burocrática" no que cualificou de "xestión desastrosa".

Igrexas subliñou que na cidade hai, segundo o índice Arope, máis de 60 mil persoas en risco de exclusión social e pobreza. Neste contexto, agravado polos graves efectos sociais da crise derivada da pandemia do coronavirus, xulgou inaceptábel a elevada demora na tramitación do IMV e os erros na súa resolución.

Másnoticias

EvgeniyShkolenko // iStock

Abierto un casting para el rodaje de una serie en Vigo: estos son los requisitos

21/08/2025

Furor por ver a Dani Fernández y Mikel Izal en Vigo, últimas entradas para el Galicia Fest

21/08/2025

Nos últimos datos oficiais dispoñíbeis, do 19 de outubro do 2020, na provincia de Pontevedra realizaranse 13.194 solicitudes do IMV, das que se estima preto da metade corresponderían á cidade de Vigo. Destas máis de 13 mil demandas unicamente se resolveron 2.320. "Oito de cada dez solicitudes seguen sen atender, o que é o mesmo que dicir que oito de cada dez persoas que precisan unha axuda social de emerxencia segue a esperar por recibila", afirmou Igrexas.

Aliás, o portavoz municipal nacionalista asegurou que a escasa tramitación está verificada no cativo descenso no número de persoas beneficiarias da Risga. "O Ingreso Mínimo Vital debera permitir superar a Risga, pero vemos como en Vigo pasamos de preto de 2.500 perceptoras da renda galega a 2.155. Isto é, que só 350 viguesas e vigueses pasaron da Risga ao IMV", explicou.

Desde o Bloque defenden que para que o IMV sexa "unha ferramenta útil para as persoas empobrecidas e en situación de exclusión social é preciso que se despreguen medidas que garantan a súa eficacia". "De nada serve recoller dereitos no BOE se despois non se fan realidade", reprochan reclamando que aumenten os medios materiais e humanos para axilizar a tramitación das axudas.

Despois de cualificar de "verdadeiro desastre de xestión dunha axuda que é máis necesaria que nunca", Igrexas lamentou as expectativas frustradas das persoas que a solicitaron. Neste sentido, denunciou a "violencia burocrática" que se está exercendo contra os colectivos máis vulnerábeis na tramitación do IMV. Unha "violencia" que, segundo argumentou, se manifesta en forma nunha "demora case eterna na resposta á solicitude dos recursos", na emisión de resolucións incorrectas, con persoas que perciben a metade do que lles correspondería, e na denegación "inxustificada" do IMV por causas subsánabeis. "Para o BNG é inconcibíbel que se denegue o acceso a unha axuda social de emerxencia como o IMV polo feito, por exemplo, de que unha das persoas da unidade familiar non figure inscrita como demandante de emprego. En calquera procedemento administrativo cabe a subsanación de erros, non entenedmos porque aquí se opta polo carpetazo", lamentou.

O BNG de Vigo vai dar traslado desta situación, que afecta de maneira moi especial á cidade, ao deputado da formación nacionalista no Congreso, Néstor Rego, cun duplo obxectivo. Dunha banda, demandar transparencia, solicitando que se fagan públicos os datos reais da tramitación do IMV desagregados por concellos. E por outra, urxindo o Goberno español de coligazón entre PSOE e Unidas Podemos a adoptar as medidas "organizativas ou normativas necesarias" para corrixir esta situación e facilitar o acceso ao IMV ás moitas persoas que o precisan.

Erro nas contías

Canda Igrexas compareceu a veciña, Consuelo Lago, que fai parte activa dos movementos sociais da cidade e que é actualmente beneficiaria do IMV. Lago denunciou publicamente que percibe 455 euros cando pola súa situación, como nai dunha familia numerosa monoparental, lle deberían corresponder 975 euros.

Lago chamou o Goberno español a escoitar as persoas demandantes da IMV e a actuar para corrixir as deficiencias que hai na tramitación e que afectan de maneira grave a familias que necesitan axuda para poder subsistir. “Despois de nove meses merecemos unha reposta”, remachou.

Tampouco se están a actualizar as contías que foron fixadas tendo en conta os ingresos declarados en 2019 a pesar de que a situación económica do 2020 foi para moitas das beneficiarias moito peor.

Temas: BNGcoronavirusVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

URXENCIAS SANITARIAS 061
Enfoque

Muere en Marín un adolescente tras saltar desde el puerto de Aguete y quedar inconsciente

Un joven de 14 años ha perdido la vida este jueves en Marín. Murió después de saltar desde el puerto de Aguete y quedar inconsciente

PorEuropa Press
21/08/2025
Enfoque

Así será al nueva imagen de la pista roja de As Travesas en Vigo

El Concello de Vigo ha anunciado la renovación de la cubierta de la pista roja de As Travesas. Unas obras con una inversión de 250.000 euros

PorMetropolitano
21/08/2025
Enfoque

Alarma en O Val Miñor por un incendio forestal cerca del renovado Faro Silleiro

Un incendio en Oia activa pone en alerta a O Val Miñor. Las llamas se encuentran cerca del renovado Faro Silleiro, muy próximas a viviendas

PorAlfredo Teja
21/08/2025
Llamas del fuego de Quiroga.
- Carlos Castro - Europa Press
Enfoque

La Fiscalía investiga si los lugares afectados por los incendios de Galicia tenían planes de prevención

La Fiscalía investiga los incendios de Galicia. Exigirá responsabilidades penales a quienes tenían "obligación" de elaborar medidas preventivas y no lo hicieron

PorEuropa Press
21/08/2025
Enfoque

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

PorMetropolitano
01/08/2025

O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

23ago18:00Programación con horarios del Entroido de Verán en RedondelaFIESTAS | REDONDELA

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X