O Bloque Nacionalista Galego de Vigo denuncia novas verteduras no río Lagares ao seu paso pola parroquia de Cabral. A fronte nacionalista pide intensificar os controis do Concello ante un novo episodio de augas contaminadas ou sen depurar no curso fluvial do río, documentado o pasado 16 de febreiro, no que se puideron observar augas turbias de aspecto xabonoso.
“O BNG temos que reiterar máis unha vez que é necesario e imprescindíbel que o goberno de Abel Caballero actúe con determinación para protexer este elemento de enorme valor ambiental como é o noso río Lagares”, demandou o concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas.
O edil nacionalista asegurou que existen hoxe solucións tecnolóxicas que permitirían monitorear en tempo real o estado do río para evitar que siga sendo usado como un “gran sumidoiro” e para identificar ás persoas responsábeis destas verteduras. Nese sentido, urxiu a intensificar os controis no curso fluvial do Lagares. “Sabendo ademais que son coñecidos en moitos casos os puntos onde se rexistran de forma recorrente estas verteduras de augas sen tratar”, engadiu.
O candidato do BNG propuxo reiniciar o proxecto para dotar o río dunha rede de telecontrol e vídeovixilancia, similar á impulsada por iniciativa nacionalista durante a súa etapa no Goberno municipal e que “leva moitos anos sen funcionar por causa do desleixo e do abandono do propio Concello de Vigo”, lamentou.
Atropello en Vigo, fuentes presenciales señalan que la víctima presentaba diversas heridas y sangraba en abundancia por la nariz
Se han confirmado las peores noticias, hallan sin vida al joven que desapareció el domingo en la desembocadura del Miño
Un dos grandes atractivos desta nova proposta cultural en Vigo é a exhibición de grandes obras que rara vez viron a luz pública
El sorteo de la Bonoloto dejó una pequeña alegría en Vigo. Un boleto sellado en un estanco de Coruxo tuvo un buen premio
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL