Despois da celebración do primeiro Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo con Carlos Botana como novo presidente, o Bloque Nacionalista Galego vén de dirixirlle un escrito trasladándolle catro cuestións “da máxima importancia” para avanzar cara a un porto máis sustentable en termos ambientais e mellor integrado na cidade.
A primeira cuestión trasladada polo portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, na misiva é a "esixencia de que a Autoridade Portuaria desista, definitivamente, dos proxectos de novos recheos en Bouzas que suporían preto de 70 mil metros cadrados de novos aterramentos".
Igrexas chamou tamén a avaliar a posibilidade técnica de reverter o último recheo de 8 mil metros cadrados nas inmediacións do Berbés, que inda non está consolidado e que “carece de motivación e supón unha grave agresión ambiental”. “A cidade xa lle gañamos ao mar máis de 3 millóns de metros cadrados e non podemos seguir cementando un ecosistema tan valioso, do punto de vista ambiental pero tamén da actividade económica, como é a Ría de Vigo”, afirmou.
En relación a isto, no segundo punto o edil nacionalista afirma que a aposta polo crecemento ordenado e sustentábel da actividade portuaria en termos loxísticos “ten que pasar, si ou si, pola reordenación dos usos da lámina portuaria, a través dunha Delimitación de Espazos e Usos que sigue pendente” e tamén polo desenvolvemento efectivo da Plisan, para que “funcione como verdadeiro porto seco de Vigo”.
En terceiro lugar, o BNG reclámalle ao presidente da Autoridade Portuaria un "verdadeiro compromiso para poñer fin ás verteduras de augas sen depurar, tendo en conta que o 90% destes vertidos se producen desde a lámina portuaria". “Non podemos converter o noso litoral nunha enorme cloaca”, enfatizou Igrexas.
Por derradeiro, a carta subliña que “é momento de recuperar a cooperación institucional entre o Porto e o Concello de Vigo para avanzarmos cara a unha mellor integración da realidade portuaria na cidade". No concreto, Igrexas sostén que “é imprescindíbel que se abra de inmediato un diálogo real para abordar a desafección portuaria de zonas que arestora teñen un uso claramente urbano e non portuario”, como é o caso da praia de Mende en Teis e diferentes parcelas dotacionais en Bouzas.
El TSXG reconoce a un vecino de Vigo la titularidad de una finca tras 30 años de conflicto contra los comuneros
Una panadería de Vigo cierre después de un año. Pero volverá a abrir con un nuevo concepto que combina panadería y cafetería
El gobierno gallego aprueba el calendario laboral de 2027 con los festivos autonómicos y nacionales. Y habrá cambios
Sánchez señala que "las normas internas del Partido Socialista obligan a sus cargos públicos a dimitir en caso de apertura de juicio oral"
A UVigo amosa con exemplos claros a importancia da bolsas de protección internacional, das cales publicouse unha nova convocatoria
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL