O Bloque Nacionalista Galego pide actuar xa para frear o fenómeno “especulativo” dos pisos turísticos en Vigo. A fronte nacionalista propón regular cunha ordenanza municipal e medidas urbanísticas o aumento das vivendas destinadas para usos turísticos na cidade, que superan xa a oferta dispoñíbel para alugueiro e están empurrando á alza os prezos medios.
“Non podemos permitir que Vigo continúe sendo o segundo municipio en toda Galiza por detrás de Sanxenxo en número de pisos turísticos”, advertiu o concelleiro e candidato á Alcaldía do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que alertou de que esta situación está agravando o xa grave problema de acceso social á vivenda que padece a cidade, cos prezos máis elevados de toda Galiza.
“Falamos dun fenómeno ademais absolutamente desregulado que está abrindo a porta a moitos abusos”, criticou Igrexas, que reclamou nese sentido actuar con urxencia e determinación para conter este incremento, con máis de 700 pisos rexistrados para usos turísticos na actualidade e coa previsión de que abeiren o millar ao remate do 2022
Desde a fronte nacionalista reiteraron a proposta realizada en maio para poñer en marcha unha ordenanza municipal que regule esta actividade, limitando a súa proliferación, así como adoptar medidas a nivel urbanístico que garantan que as vivendas da cidade non se destinan a usos especulativos senón a facilitar o acceso social e a rebaixar os prezos do alugueiro, que aumentaron até un 40% nos últimos cinco anos.
O edil do BNG lamentou que, mentres centos de viguesas e vigueses non se poidan “permitir hoxe o luxo” de vivir na nosa cidade, o goberno de Abel Caballero veña rexeitando sistematicamente as numerosas propostas do Bloque para garantir o acceso a un dereito esencial como a vivenda, a última o pasado mes de setembro coa negativa do PSOE no Pleno a aprobar unha batería de medidas a nivel municipal.
El sorteo de la Bonoloto dejó una pequeña alegría en Vigo. Un boleto sellado en un estanco de Coruxo tuvo un buen premio
El pan, la industria, la piedra y Antonio Palacios, protagonistas en el escudo y en la bandera de O Porriño que aprobó el Consello de la Xunta
Después de celebrar su primer aniversario, una cafetería y "patisserie" de Vigo abre su segundo local. Así celebrará su inauguración
Los usuarios y usuarias de las playas de Baiona podrán volver a bañarse en Ladeira y Santa Marta. Ambas vuelven a tener un agua "excelente"
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL