O Bloque Nacionalista Galego propón ampliar os servizos e programas destinados ás persoas maiores para "garantir unha vellez digna e activa” en Vigo. Así o expuso este domingo o candidato do BNG á Alcaldía, Xabier P. Igrexas, durante un reparto informativo na feira de Bouzas no que chamou a brindar un "maior apoio aos coidados, con políticas que combatan a soidade e dean oportunidades de lecer".
“Nunha cidade na que temos a máis de 14 mil persoas con máis de 65 anos que viven soas, o BNG cremos que o Concello de Vigo pode e debe facer moito máis que unha enquisa moi cara e da que inda non coñecemos os seus resultados”, defendeu Igrexas. “E ese é o noso compromiso, o de despregarmos medidas para reforzar os coidados da vellez”, engadiu.
Entre as propostas do Bloque destaca o incremento da oferta do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), "na actualidade moi minguado". “Son precisas moitas máis horas de atención, alargando a carteira de servizos para facilitar que as persoas maiores poidan seguir vivindo na súa casa cos apoios indispensábeis”, explicou o candidato nacionalista, que pediu tamén ampliar o número de persoas beneficiarias do Servizo de Teleasistencia e o Xantar na Casa. Nese sentido, apostou por iniciar unha progresiva remunicipalización da súa xestión “para que os coidados deixen de ser un negocio”.
Outras das iniciativas do BNG pasan por dar alternativas para un avellentamento activo, ofrecendo actividades para o lecer e a convivencia que conten coa participación das propias persoas maiores para o seu deseño. O candidato á Alcaldía considerou que nese obxectivo xogan un papel “chave” os centros culturais e veciñais, para os que demandou un maior apoio municipal. “O Concello ten que destinar moitos máis recursos para apoiar estas entidades, que son en grande medida a oportunidade para que as maiores socialicen”.
Na mesma liña, o BNG defende no seu programa de cara ás eleccións municipais do 28 de maio a necesidade de crear novos centros de día, residencias públicas e pisos tutelados e compartidos, en colaboración con outras administracións, diante da escasa oferta pública que existe hoxe na cidade.
O candidato nacionalista valorou tamén as enquisas publicadas este domingo, destacando que estas confirman que o BNG é a “forza á alza” en Vigo. “Somos a forza que máis apoios está sumando neste último treito de campaña electoral, e estamos absolutamente convencidos e convencidas de que o 28 de maio imos dar a grande sorpresa”, asegurou Igrexas, que chamou a sumarse ao proxecto do Bloque ás “moitas millares de viguesas e vigueses que non se conforman con máis do mesmo, que saben e senten que Vigo merece máis, para construír xuntas e xuntos o Vigo que soñamos e merecemos”.
La vicepresidenta de la Diputación Luisa Sánchez destaca que la nueva imagen de Pintor Colmeiro ya está lista para que Vigo la disfrute
El policía fue alcanzado por un petardo, que le impactaría en el pie derecho, por lo que tuvo que ser atendido en urgencias
Vilagarcía ha anunciado que ya es posible bañarse con normalidad en la playa de Canelas. La Xunta desaconsejó temporalmente el baño en ella
Caballero destaca que Zona Franca de Vigo invertirá 90,9 millones en la ciudad con el impulso de importantes proyectos
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL