O Bloque Nacionalista Galego urxe a destitución e relevo de Jesús Vázquez Almuíña na presidencia da Autoridade Portuaria de Vigo. A fronte nacionalista considera incompatíbel que manteña o seu cargo após ser nomeado como candidato popular á alcaldía de Baiona e O BNF advirte ao PP de que esta institución chave da cidade non pode continuar a ser unha “especie de senado local ou balneario” para os seus altos cargos.
“O Porto de Vigo xoga un papel fundamental e estratéxico no desenvolvemento económico de Vigo e da súa área e merece moito máis respecto do que está a demostrar nos últimos anos o PP”, cuestionou o concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas. “Non podemos permitirlle ao PP que continúe a utilizalo para colocar dirixentes en fase de retiro nin para os seus reservistas que están á espera de novas misións”, engadiu.
O candidato nacionalista cualificou o papel de Vázquez Almuíña ao fronte da Autoridade Portuaria de “inercia nefasta” e criticou que deixe como principal legado o último recheo portuario na cidade. “É responsábel de cementar máis de 8.500 metros cadrados no Berbés sen ningún tipo de xustificación nin necesidade, e incorrendo nunha gravísima agresión ambiental contra a ría de Vigo”, lembrou.
Igrexas valorou que a permanencia do actual presidente do Porto só pode responder a dous posíbeis motivos. Por un lado, á “falla de garantías” de que o PP acade a alcaldía en Baiona. Por outro, que estean a “gardar a poltrona ben quente” para a candidata popular en Vigo e delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, ante as “nulas expectativas” cara as eleccións municipais de maio de 2023.
“Sexa como for, non podemos seguir tolerando que se utilice unha institución fundamental no desenvolvemento socioeconómico da nosa cidade como se fora apenas un sitio onde imputar nóminas dos seus altos cargos”, remachou o concelleiro do BNG.
El policía fue alcanzado por un petardo, que le impactaría en el pie derecho, por lo que tuvo que ser atendido en urgencias
Vilagarcía ha anunciado que ya es posible bañarse con normalidad en la playa de Canelas. La Xunta desaconsejó temporalmente el baño en ella
Caballero destaca que Zona Franca de Vigo invertirá 90,9 millones en la ciudad con el impulso de importantes proyectos
Anuncian solicitarán el acceso a todos los expedientes de autorización de eventos públicos tramitados desde el 1 de enero
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL