O Bloque Nacionalista Galego presentou esta mañá en Chapela a campaña social que están a promover en toda Galiza contra a aldraxe da AP-9 e para esixir o Goberno español que cumpra "coa máxima urxencia" cos seus compromisos para bonificar as peaxes e suprimir a do treito Vigo-Redondela. Nun acto simbólico, nas inmediacións da peaxe de Chapela, a fronte nacionalista despregou unha faixa co lema da campaña en presenza da deputada no Parlamento galego, Alexandra Fernández, e de portavoces municipais de diferentes concellos da comarca, así como responsábeis orgánicos do Bloque.
Fernández criticou a "dilación e o incumprimento permanente" coa que o executivo de Madrid está a xestionar esta cuestión. "O acordo de investidura, no que se recollían os compromisos en relación ás bonificacións das peaxes e a supresión da de Redondela, asinouse hai un ano. Tiveron todo este tempo para facer os cambios normativos que precisasen, por iso non podemos aceptar que a única previsión sexa a do primeiro semestre deste ano. O pobo galego xa tivemos paciencia abondo", sinalou.
A deputada nacionalista urxiu a executar "xa" as medidas acordadas tendo en conta que o Goberno xa dispón dunha partida orzamentaria de máis de 50 millóns de euros para financialas. Aliás, considerou inaceptábel que o Ministerio de Transporte alegue agora "dificultades" para suprimir a peaxe de Rande. "O único que vimos até o momento polo Goberno español foron escusas. Teñen que cumprir con Galiza porque non estamos dispostos e dispostas a seguir soportando esta aldraxe", esixiu.
Pola súa banda o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, remarcou que poucos asuntos xeran "un rexeitamento tan unánime na cidadanía como a estafa diaria das peaxes da AP9". Igrexas, criticou o "cinismo" do PSdeG-PSOE, que "din que o compromiso de bonificar as peaxes e de suprimir a de Chapela é firme e ao tempo teñen a ousadía de votar en contra dunha moción do BNG no Concello de Vigo esixindo que se faga efectivo".
O portavoz municipal do Bloque en Redondela, Xoán Carlos González, sinalou o carácter abusivo da peaxe de Chapela e o grave prexuízo que xera á veciñanza de Redondela. "Levamos máis de 30 anos sufrindo esta peaxe e entendemos que é momento xa de que o PSOE cumpra cos seus compromisos", acrecentou. A supresión da peaxe permitirá mellorar a mobilidade na parroquia de Chapela eliminando ruídos e tránsito.
Estos trabajos supondrán una inversión de unos 3,36 millones de euros. Se incluyen cambios con respecto al proyecto original
El temporal que asola Vigo está dejando diferentes incidencias en la ciudad. Desde árboles o ramas caídas sobre coches a contenedores movidos
El temporal registrado en las últimas horas ha provocado la llegada de estos restos a Moaña. Ya están siendo recogidos
Ryanair cuenta con dos ofertas para los viajeros de Galicia. Proponen viajar a sitios como Suecia o a los mercados navideños europeos
Maratón de cortometrajes en pleno centro de Vigo. El Casco Vello acoge una proyección con algunos de los cortos más premiados de Galicia
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL