O Concello de Redondela será gobernado polas formacións “progresistas”. O inminte acordo traballado durante dúas semanas entre as comisións negociadoras do BNG e do PSOE foi valorado “positivamente” dende a organización nacionalista. “O apoio dos nosos tres concelleiros, convértese en fundamental para que a candidata do PSOE sexa investida alcaldesa”, destacan.
Un acordo de investidura que se confirmará o vindeiro sábado 17 de xuño na sesión plenaria, que se desenvolverá ás 12:00 horas no Multiúsos da Xunqueira en Redondela. Deste xeito “imponse a vontade popular maioritariamente expresada nas urnas o pasado 28 de maio”, aseguran dende o BNG, segundo a cal tres forzas de “progreso” superaron en 1.300 votos á dereita do Partido Popular. “Non existe ningunha dúbida de que se impón a lóxica eleitoral”, afirman dende a organización nacionalista de Redondela.
Tras unhas negociacións que dende o BNG de Redondela cualifican de “discretas, para non contaminar o proceso”, chegouse a un acordo na tarde do mércores por parte das comisións negociadoras. As propostas que se trasladaron ao Partido Socialista “foron aceptadas sen grandes modificacións”.
Pola súa banda o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González, recorda que a candidatura que encabezou foi “a que máis medrou en Redondela, sumando 1.200 votos, e duplicando en porcentaxe ata chegar ao dezaseis por cen”. “Somos a forza determinante na política local redondelá nos vindeiros catro anos”, insistiu.
En canto ao alcance do acordado, referiuse o edil nacionalista a cuestións relacionadas co funcionamento do goberno e da corporación local, mellorar en transparencia, e maior axilidade nos Plenos. Entre os quince puntos plantexados, facíase referencia á necesidade de realizar un bo estudo das necesidades laborais en Redondela, en coordinación con sectores afectados (pequeno comercio, asociación de empresarios, confraría, sector da artesanía) para trazar unha liña de actuación conxunta. “Prantexamos como indispensable formación en igualdade para todos aqueles empregados e empregadas que traballen para o concello”, salientou.
O acordo de investidura entre o PSOE e o BNG ratificarase na tarde do venres coa sinatura de Digna Rivas e Xoán Carlos González.
Pola súa banda, segue pendente o principio de acordo entre a Agrupación de Electores de Redondela (AER) e o Partido Socialista. Este acordo, que se firmará ante notario e conlevará unha multa de 100.000 euros se se incumpre, segundo informaba o portavoz da formación política, José Carlos Orge, produciuse despois de que o partido aceptase levantar o veto a Digna Rivas "a cambio dunha serie de compromisos co obxectivo de beneficiar a toda a cidadanía de Redondela".
El policía fue alcanzado por un petardo, que le impactaría en el pie derecho, por lo que tuvo que ser atendido en urgencias
Vilagarcía ha anunciado que ya es posible bañarse con normalidad en la playa de Canelas. La Xunta desaconsejó temporalmente el baño en ella
Caballero destaca que Zona Franca de Vigo invertirá 90,9 millones en la ciudad con el impulso de importantes proyectos
Anuncian solicitarán el acceso a todos los expedientes de autorización de eventos públicos tramitados desde el 1 de enero
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL