• Concierto Castrelos
  • Futuro súper Vigo
  • Tren Rías Baixas
  • Mini Pisos Vigo
  • Mundial Vigo
  • Mercado piso Vigo
  • Ruta senderismo
  • Obras en Balaídos
  • Concurso pan
  • París de Noia
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

O BNG eríxese como “única solución” para conseguir realmente unha AP9 libre de peaxes

O BNG eríxese como “única solución” para conseguir realmente unha AP9 libre de peaxes
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
17/07/2023

“A única solución posible para que a AP9 sexa galega e libre de peaxe é votar ao BNG e conseguir un grupo galego forte no Congreso que condicione as políticas do Estado”. Así o asegurou hoxe a cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Carme da Silva, ao pé da rotonda de Cabanas en Rande, acompañada de outras persoas da candidatura, e dos portavoces do BNG nos concellos de Vigo e Redondela.

A nacionalista foi dura con PP e PSOE por manter a “aldraxe” contra galegas e galegos e alternarse no bloqueo da transferencia da autoestrada a Galicia, que volveu caducar en Madrid coa disolución das Cortes. “Ambos partidos están conformes con ter o tema gardado na gabeta. Votan unha cousa aquí e despois en Madrid fan a contraria e demoran e demoran, lían para que os trámites se eternicen e volvamos ao punto de saída”, denunciou Da Silva, destacando que nesta última negociación en Madrid o PSOE, de acordo con Ciudadanos e Vox, pretendía só transferir a xestión da vía pero non a titularidade a pesares do acordo unánime no Parlamento de Galicia.

Másnoticias

Antonio Resines protagoniza en Galicia la nueva película que se rueda en la provincia de Pontevedra

Antonio Resines protagoniza en Galicia la nueva película que se rueda en la provincia de Pontevedra

03/06/2026
La AN propone juzgar por homicidio imprudente al capitán del Pitanxo y a dos directivos de la armadora

Piden nueve años de cárcel para el capitán y los responsables de la armadora del 'Villa de Pitanxo'

03/06/2026

Cargou Da Silva tamén contra os anuncios da cabeza de lista do PP por Pontevedra, Ana Pastor, quen nos últimos días desta campaña asegurou que cando se constitúa o Congreso vaise transferir a autoestrada se gañan os populares. “Hai que ter cara, cando foi a propia señora Pastor quen bloqueou a tramitación da transferencia da AP9 a Galiza”, afeou a candidata nacionalista, que asegurou que “PP e PSOE non teñen ningún tipo de credibilidade e só queren enganar ás galegas e galegos unha vez e outra”.

Por todo isto, e lembrando que foi a presión do único deputado do BNG en Madrid Néstor Rego grazas a quen se conseguiu a rebaixa do 50%, que Da Silva chamou á cidadanía a confiar no BNG e acadar os votos suficientes que permitan ao Bloque ter un grupo “realmente forte” no Congreso para condicionar as políticas do Estado. “Só deste xeito, se as persoas que lle queren a este país, rebeldes e inconformistas, as que colleron a papeleta do Bloque nas municipais, repiten o seu apoio ao BNG o 23X conseguiremos un grupo galego forte –incidiu- para que haxa garantías de poder finalizar a aldraxe. Nós pararemos os pés a Feijóo e a quen faga falta defendendo Galiza”.

Contra os prexuízos da AP9 en Vigo e Redondela

De por parte, o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, reivindicou como prioridade no Congreso poñer fin á “navallada” da AP9 na cidade. Defendeu así a conversión en vía urbana do trazado, dende o acceso nas Torres de Padín, para que deixe de ser unha “trincheira” que divide o barrio de Teis, a instalación de pantallas acústicas no tramo de maior contaminación acústica de toda a autoestrada e a necesidade de mellora dos pasos elevados da Trapa e da Xorxa para o tránsito seguro de persoas e vehículos.

Igrexas subliñou como aval a “traxectoria coherente” da fronte nacionalista, denunciando a “total falla de compromiso” das forzas estatais para resolver “tanto o calote enorme que representa a AP9 como os graves prexuízos” que ocasiona á veciñanza. “As forzas estatais, uns e outros, son responsábeis de que no 2023 sigamos tendo que reclamar unha autoestrada galega e libre de peaxes. Os sucesivos gobernos españois actuaron sempre en favor de Audasa, favorecendo que uns poucos sigan facendo un grande negocio cunha infraestrutura esencial que leva décadas amortizada”, reprochou.

Pola súa banda, o voceiro municipal do BNG en Redondela, Xoán Carlos González, defendeu que, de ser polo BNG, hoxe en Chapela xa non habería cabinas de peaxes, que cualificou de “catastróficas” para a economía de Redondela. Reiterou a urxencia ademais de iniciar as obras de reposición de viais tanto en Chapela como en Trasmañó afectados pola ampliación da AP9, cos servizos urbanos e o saneamento correspondente así como mellorando a accesibilidade. “Compromisos que se anunciaron pero que as obras nunca dan iniciado”, lamentou González, que asegurou que estas cuestións “teñen que deixar de ser promesas e ser feitos xa”.

Temas: elecciones generales 2023Galicia
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Escolares de O Porriño se suman a la "Operación Ola" para disfrutar de jornadas de surf
Enfoque

Escolares de O Porriño se suman a la "Operación Ola" para disfrutar de jornadas de surf

Casi 200 escolares participaron en la iniciativa "Operación Ola". Una propuesta que les llevó a practicar surf en la playa de Patos

PorPaula Carballo
03/06/2026
Nigrán aprueba rehabilitar la antigua escuela unitaria de Chandebrito y darle una nueva imagen
Enfoque

Nigrán aprueba rehabilitar la antigua escuela unitaria de Chandebrito y darle una nueva imagen

El pleno aprobó la rehabilitación, por 25.000 euros, de la antigua escuela unitaria de Chandebrito. Estos son los trabajos que se harán

PorPaula Carballo
03/06/2026
Antonio Resines protagoniza en Galicia la nueva película que se rueda en la provincia de Pontevedra
Enfoque

Antonio Resines protagoniza en Galicia la nueva película que se rueda en la provincia de Pontevedra

"Gloria e Olvido" se está grabando estos días en la provincia de Pontevedra. Un filme con caras conocidas como la de Antonio Resines

PorMiguel Alonso
03/06/2026
La AN propone juzgar por homicidio imprudente al capitán del Pitanxo y a dos directivos de la armadora
Enfoque

Piden nueve años de cárcel para el capitán y los responsables de la armadora del 'Villa de Pitanxo'

La Fiscalía también pide para Padín inhabilitación por un periodo de 13 años para la profesión de patrón de barco

PorEuropa Press
03/06/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón
Enfoque

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

PorCarlos I. Castrillón
03/06/2026

El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X