O deputado do BNG, Néstor Rego, vén de manter unha reunión con membros da Plataforma de Gondomar, Fibra Xa! para coñecer de primeira man as deficiencias no servizo de acceso a Internet. Rego avanzou este xoves varias iniciativas na cámara baixa para que o Goberno do Estado, en colaboración coa Xunta de Galicia, solucione os problemas de conexión que acontecen na meirande parte dos concellos da comunidade.
Na reunión, o deputado no Congreso estivo acompañado tamén pola concelleira do BNG en Gondomar, Manuela Rodríguez, que aseguraba que a cobertura da fibra óptica “non supera 25% das vivendas totais do concello”. Esta cobertura concéntrase principalmente no casco urbano da vila e nunha parte da parroquia de Vincios, deixando as demais parroquias sen cobertura.
“A maioría das persoas usuarias do Concello teñen acceso a internet a través dunha ADSL pobre e súper saturada. Para solucionar esta deficiencia, hai usuarias que escollen a rede móbil 4G mais esta, co uso, satúrase e deixa de ser eficiente e remata cos mesmos problemas de lentitude e, inclusive, afecta ao servizo de telefonía” sinala Rodríguez.
Para o deputado do BNG no Congreso, esta situación non pode acontecer máis porque “as persoas usuarias están a pagar un servizo que non reciben das empresas de telefonía coas que teñen contratado o servizo de Internet”. As prestacións que, de maneira sistémica, incumpren os contratos mais isto non se traduce nun desconto ou abaratamento da factura.
“Vulnérase o dereito a ter un servizo de internet de calidade e en igualdade de condicións que outras zonas. A verdadeira fenda dixital en Gondomar é a derivada dun servizo esaxeradamente lento, cando non inexistente, nas zonas máis rurais do concello” subliña Rego. Esta fenda, lembra, fíxose máis notoria durante o confinamento, cando a conexión a internet foi máis necesaria que nunca, e deixou en evidencia que “aínda estamos nunha Galiza de dúas velocidades”.
Así mesmo, o deputado lembra que se están a incumprir os compromisos adquiridos “a respecto á velocidade do acceso a Internet neste territorio” posto que “estabelecían na Galiza, para o 2020, 30 megas de velocidade na meirande parte deste Concello e aínda non se chega a 10% do territorio”.
El jardín de Vigo con más especies exóticas presenta una nueva apertura en su interior. Un espacio donde convive la botánica y la artesanía
Una nueva panadería de barrio que servirá de puente entre Vigo y Nicaragua. Así es este proyecto familiar que acaba de abrir en la ciudad
El estadio de Balaídos y las calles aledañas se llenan de pancartas reclamando que el campo "es vigués, no de Abanca"
El Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de la provincia, ya se puede volver a visitar. Estuvo cerrado varios meses por obras
Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL