O pasado 27 de abril o alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciaba que o Concello ía poñer en marcha unha plataforma web para a comercialización e distribución de produtos do pequeno e mediano comercio da cidade e que se chegou a definir como o "Amazón vigués". Varios meses despois, en xullo, o rexedor reiteraba o anuncio facendo público que a plataforma tería como denominación “Merca en Vigo”. No entanto, durante todos estes meses nada se soubo sobre os traballos para a posta en marcha desta iniciativa.
Emporiso, o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, interpelou ao Goberno municipal na última Comisión Informativa de Comercio do Concello, reclamando que se informase de cando estaba prevista a súa posta en funcionamento, sen obter resposta do executivo local.
Igrexas subliñou a importancia deste tipo de proxectos xa que a crise da Covid19 sumouse aos efectos da dixitalización comercial na que grandes corporacións como Amazon están a desertizar o pequeno e mediano comercio local.
“Asistimos a un episodio da política aparencial e de propaganda do Goberno de Caballero. Todo ese proxecto quedou niso, nun anuncio en abril e nun titular en xullo, pero sen ningún tipo de avance concreto”, afirmou o portavoz municipal do BNG.
Por iso, insisten en demandar do executivo local que explique “que traballos se teñen realizado desde abril até hoxe, quen os está a realizar, a cargo de que partida orzamentaria, con que custe, e sobre todo e máis importante cando vai estar en marcha”.
“O sector comercial da cidade está atravesando un momento moi duro e difícil, e evitar que as persianas dos estabelecementos non baixen definitivamente vai requirir algo máis que de anuncios, titulares e boas palabras. Son necesarias medidas concretas, xestión e cumprir co que se promete”, remachou Igrexas.
El área de Vigo marca el récord de precipitaciones en Galicia este sábado, pero la previsión apunta ya a una mejoría del tiempo
El primer premio está dotado con 600.000€ al número, por lo que el ganador que ha comprado un décimo se lleva 60.000€
Es la primera convocatoria de los cursos gratuitos dirigidos a motoristas y que la Xunta desarrollará a lo largo de los próximos dos años
Las Rías Baixas, elegidas por los usuarios de la revista como el mejor destino de playa en España, imponiéndose a los otros cuatro finalistas
El objetivo de esta alianza es identificar y cuantificar los principales tipos de polen con capacidad alergénica
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL