• El Tiempo Vigo
  • Fuegos de Bouzas
  • Hito en el Cunqueiro
  • Nuevo restaurante Vigo
  • Mundial 2030
  • Conciertos Peregrina
  • Mar de Galicia Vigo
  • Borja y Trump
  • Verbena Panorama
  • Castrelos
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

O BNG pide estudar alternativas ao túnel da peonalización da Porta do Sol

¿Cómo cambiará la peatonalización de Porta do Sol el corazón de Vigo?
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
29/08/2019

O BNG levará ao vindeiro Pleno do Concello de Vigo o debate arredor do proxecto para a peonalización da Porta do Sol. A fronte nacionalista é partidaria da actuación pero demanda que se estuden alternativas ao actual deseño do túnel co que se quere soterrar o tránsito e que haxa máis participación e diálogo coa veciñanza. Así o anunciou esta mañá concelleiro Xabier P. Igrexas nunha rolda de prensa na que presentou a moción que someterán a debate na sesión plenaria do próximo 4 de setembro.

Igrexas comezou por expresar o apoio do BNG á peonalización da Porta do Sol, un proxecto que, segundo manifestou, permitirá reiniciar o proceso de “democratización do espazo público” que se puxera en marcha baixo a alcaldía do nacionalista Lois Pérez Castrillo, coas peonalizacións da praza da Independencia, da praza da Constitución e de Urzaiz no Calvario, ou a retirada de tránsito de vehículos na praza do Berbés, en Teófilo Llorente, rúa Real, a praza Chao e rúas colidantes.

Másnoticias

Un restaurante en un edificio único de Nigrán aterriza en Vigo con su versión "más informal"

Un restaurante en un edificio único de Nigrán aterriza en Vigo con su versión "más informal"

20/07/2026
Un Balaídos con cubierta retráctil, más aforo o un túnel, el proyecto de Vigo para el Mundial 2030

Xunta y Diputación expresan su deseo de que Vigo sea sede del Mundial tras el triunfo de España

20/07/2026

“Se hai unha forza política que demostrou compromiso e audacia en favor das peonalizacións para humanizar de verdade a cidade é o BNG”, reivindicou, salientando que aquelas actuacións supuxeron unha transformación sen precedentes, que se traduciu “nunha hoxe innegábel dinamización social e comercial que converteu eses ámbitos en máis e mellor habitábeis”. “Infelizmente, aquel impulso, liderado por unha alcaldía nacionalista pero empurrado por unha enorme forza social e veciñal, non tivo continuidade por parte dos sucesivos gobernos”, lamentou.


É do teu interese: Como cambiará a peonalización de Porta do Sol o corazón da cidade?


Sobre a premisa de que “a cidade é moito máis que un territorio, que un espazo” senón que é fundamentalmente “unha comunidade humana”, Igrexas aposta porque o deseño urbano procure ser funcional ás persoas, facilitando a súa mobilidade pero tamén creando espazos convivenciais, facendo que as persoas gañen superficie para o seu uso fronte ao vehículo privado.

Neste sentido, o voceiro nacionalista cualificou de “iniciativa positiva” o pretenso do Goberno municipal de peonalizar a Porta do Sol. As dúbidas xorden a respeito do proxecto construtivo que se pretende executar, cun túnel sobre o actual estacionamento soterrado. “Un proxecto que non conta coa necesaria complicidade social, como visan os protestos veciñais que demandan, con razón, máis información e participación nunha actuación que vai incidir no quilómetro cero da cidade, nun espazo central do entramado urbano”, lamentou.

Igrexas denunciou que as dúbidas e temores da veciñanza residente na contorna –singularmente na rúa Elduayen– sobre a seguridade das obras para as súas vivendas, así como a preocupación a respeito da posíbel afectación desta actuación nun espazo singular e privilexiado como é o Paseo de Afonso XII, non obtiveron até o momento unha resposta nin atención satisfactoria por parte do Goberno municipal que non demostrou disposición real a considerar as súas achegas.

Proxecto de cidade

Diante desa falla de consenso e de participación, Igrexas apostou porque un proxecto desta magnitude, que debe ser un proxecto de cidade, procure o máximo consenso social e político. “Facermos da Porta do Sol a grande praza peonil da nosa cidade é unha tarefa que nos debe implicar a todos e a todas. Ao conxunto da Corporación municipal, ao tecido asociativo e comercial da zona, e, por suposto, á veciñanza residente na súa contorna”, defendeu.

O BNG demanda ademais que se avalíen tamén opcións alternativas ao actual deseño do túnel, argumentando que “un investimento tan importante, de máis de 17 millóns de euros, require ademais que as decisións sexan resultado dun estudo pormenorizado que avalíe todas as alternativas, permitindo que o resultado perdure no tempo como un logro colectivo da cidade”.

A moción nacionalista insta o Goberno municipal a paralizar provisionalmente a licitación, e a súa subseguinte execución, das obras para a peonalización da Porta do Sol, para avaliar tecnicamente, a través dunha mesa de especialistas ou dun concurso público de ideas, opcións alternativas á do túnel deseñado que “permitan a peonalización total da Porta do Sol e a súa eventual extensión a todo o Paseo de Afonso XII”.

O Bloque demanda tamén que se abran canles formais de diálogo e interlocución co tecido asociativo da contorna e coa veciñanza afectada. Por último, a moción pide que o Goberno municipal someta a exposición pública calquera que sexa o proxecto definitivo para a peonalización, permitindo que a veciñanza e colectivos da cidade poidan presentar alegacións

Temas: BNGhumanizacionesHumanizaciones en VigoVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Las Medallas de Galicia reconocen a la emigración, cuatro mujeres en el exterior reciben el galardón
Enfoque

Las Medallas de Galicia reconocen a la emigración, cuatro mujeres en el exterior reciben el galardón

Alfonso Rueda anuncia "el galardón más importante" que otorga la Xunta de Galicia y reconoce a estas cuatro mujeres

PorPaula Carballo
20/07/2026
Contratiempo en una playa de las Rías Baixas, Vilagarcía desaconseja el baño en uno de sus arenales
Enfoque

Contratiempo en una playa de las Rías Baixas, Vilagarcía desaconseja el baño en uno de sus arenales

El Concello de Vilagarcía desaconseja el baño en la playa de Canelas por la presencia de niveles altos de E.coli

PorUxía Pérez
20/07/2026
Un restaurante en un edificio único de Nigrán aterriza en Vigo con su versión "más informal"
Enfoque

Un restaurante en un edificio único de Nigrán aterriza en Vigo con su versión "más informal"

Nigrán cuenta con un restaurante ubicado en un molino del siglo pasado. Ahora abrirá con un concepto de tapería en Vigo

PorSara Rodríguez
20/07/2026
Un Balaídos con cubierta retráctil, más aforo o un túnel, el proyecto de Vigo para el Mundial 2030
Deportes

Xunta y Diputación expresan su deseo de que Vigo sea sede del Mundial tras el triunfo de España

Vigo afronta la resaca del triunfo de España en la Copa del Mundo con el sueño de que Balaídos acoja el Mundial 2030

PorCarlos I. Castrillón
20/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

17jul(jul 17)22:0020(jul 20)20:00Festas de Santa Mariña de CabralFIESTAS | VIGO | GRATIS

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X