O Bloque Nacionalista Galego propón un Bono Consumo dotado con 3,5 millóns de euros para incentivar o pequeno e mediano comercio en Vigo. Así o anunciou o candidato do BNG á Alcaldía, Xabier P. Igrexas, durante un encontro con representantes do sector da cidade no que chamou tamén a poñer en marcha unha plataforma de venda en liña e declarar unha moratoria de dez anos para novas licenzas de grandes área comerciais.
Igrexas apostou por dar un "novo impulso ao pequeno e mediano comercio local que, durante os últimos anos, viu botar o peche de centos de establecementos". En boa medida, subliñou, "pola falla de apoio municipal, nomeadamente na pandemia sendo Vigo a única das sete cidades galegas que non despregou ningún tipo de liñas de axudas".
“A cidade vive unha desertización completa das rúas con arredor de 1.100 baixos comerciais pechados, máis que a suma das cidades de Lugo, Santiago e Pontevedra xuntas”, lamentou Igrexas. Fronte a esta situación, o candidato nacionalista asegurou que “o BNG aposta por un comercio de proximidade que dinamiza os barrios e crea emprego estábel fronte a ese modelo fracasado de grandes superficies”.
O cabeza de lista urxiu a posta en marcha dunha plataforma de venda en liña para permitir ao pequeno e mediano comercio competir no actual contexto e diante da promesa incumprida dun ‘Amazon vigués’ anunciada en abril de 2020 polo actual Goberno municipal.
Outra das medidas propostas polo BNG pasa por unha fiscalidade progresiva para axustar á realidade comercial as taxas e impostos comerciais, aumentando a achega que realizan as grandes áreas. Sobre estas últimas, insistiu na necesidade de "declarar Vigo como cidade saturada de grandes superficies comerciais".
El sorteo de la Bonoloto dejó una pequeña alegría en Vigo. Un boleto sellado en un estanco de Coruxo tuvo un buen premio
El pan, la industria, la piedra y Antonio Palacios, protagonistas en el escudo y en la bandera de O Porriño que aprobó el Consello de la Xunta
Después de celebrar su primer aniversario, una cafetería y "patisserie" de Vigo abre su segundo local. Así celebrará su inauguración
Los usuarios y usuarias de las playas de Baiona podrán volver a bañarse en Ladeira y Santa Marta. Ambas vuelven a tener un agua "excelente"
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL