O Bloque Nacionalista Galego reiniciou en Vigo a súa campaña reivindicativa contra a estafa da suba do recibo da luz. A fronte nacionalista despregou esta mañá no Calvario unha mesa informativa e de recollida de sinaturas, coa que reclaman, entre outros, o estabelecemento dunha tarifa eléctrica galega.
O portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, xunto as deputadas nacionalistas no Parlamento galego, Carmela González e Alexandra Fernández, compareceu perante os medios de comunicación para explicar a reactivación desta iniciativa diante do continuado incremento dos prezos eléctricos e da total inacción do Goberno español, de PSOE e Unidas Podemos, e mais da Xunta de Galiza do Partido Popular.
Igrexas cualificou de "atraco mensual" o recibo da luz, por causa do "vertixinoso e continuado aumento dos prezos". O edil nacionalista defendeu que ao se tratar a electricidade dun ben público esencial debe despregarse unha "decidida e firme intervención pública que o poña baixo control público" e garanta o acceso a este subministro básico ao conxunto da poboación.
Lembrou tamén que o BNG promoveu unha moción no Concello de Vigo, o pasado mes de xuño, na que se recollía unha batería de medidas concretas para poñer fin á "estafa inaceptábel" que están padecendo tanto as familias traballadoras como o tecido comercial e empresarial, pero que foi rexeitada polo voto en contra do PSOE e a abstención "cómplice" de Partido Popular e Marea de Vigo. "A pesar das declaracións cara a galería destes días en Vigo o BNG quedámonos sós á hora de esixir medidas que metan en cintura o oligopolio eléctrico", sentenzou.
Pola súa banda, a deputada, Carmela González, salientou a "enorme indignación e cabreo" dos galegos e galegas perante o "tarifazo eléctrico" que se está a vivir nos últimos meses e que se plasmou no feito de que no verán a fronte nacionalista xa recollese máis de 23 mil sinaturas. "Se no verán era importante mostrar o rexeitamento diante desta situación inxusta, agora éo máis, xa que o recibo sigue subindo batendo cada semana records históricos", afirmou.
González fixo un chamado á mobilización social para esixir ao Goberno español e a Xunta medidas inmediatas para frear a escalada no prezo da luz, xa que está a "prexudicar gravemente a familias, a PEME e industria, e só beneficia ás grandes eléctricas que aumentan os seus gaños de maneira indecente", polo que esixiu a posta en marcha dunha tarifa eléctrica galega que permita reducir o prezo da luz facendo valer que Galiza é produtora neta de enerxía e exporta por volta do 30% da que xera. A fronte nacionalista instalará novas mesas informativas e recollidas de sinaturas en diferentes puntos da cidade durante as próximas semanas.
El policía fue alcanzado por un petardo, que le impactaría en el pie derecho, por lo que tuvo que ser atendido en urgencias
Vilagarcía ha anunciado que ya es posible bañarse con normalidad en la playa de Canelas. La Xunta desaconsejó temporalmente el baño en ella
Caballero destaca que Zona Franca de Vigo invertirá 90,9 millones en la ciudad con el impulso de importantes proyectos
Anuncian solicitarán el acceso a todos los expedientes de autorización de eventos públicos tramitados desde el 1 de enero
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL