O Bloque Nacionalista Galego demandou hoxe, coincidindo co 30 aniversario da adquisición por parte do Concello de Vigo do Arquivo Pacheco a fin do "confinamento" deste valioso fondo fotográfico. A fronte nacionalista denuncia o reiterado incumprimento do convenio asinado en 1991 por parte da administración local e a precaria situación na que se mantén o Arquivo, almacenado na Casa das Artes en condicións inadecuadas de conservación, coa dixitalización por completar e sen ser accesíbel para o conxunto do público.
O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, salientou a "grande relevancia" do Arquivo Pacheco, integrado por entre 120 mil e 140 mil imaxes (entre fotografías, negativos e placas de cristal). "O Arquivo Pacheco é a memoria visual de preto dun século Da nosa historia. A memoria é o soporte da nosa identidade, somos porque fomos, e o maltrato que padece o Arquivo lesiona esa identidade", denunciou.
Igrexas lamentou a continuada falla de compromiso por parte do Concello de Vigo en relación a estes fondos agás no período 2007-2011, no que a área de Cultura estivo baixo dirección do concelleiro nacionalista, Xesús López Carreira. "Incúmprense todos e cada un dos compromisos recollidos no convenio que permitiu que a cidade se fixese con este fondo fotográfico", critica.
O portavoz municipal nacionalista carga con dureza contra o "desleixo e desprezo" do actual Goberno local en relación ao Arquivo Pacheco, lembrando que de maneira reiterada rexeitaron as propostas e emendas orzamentarias formuladas polo BNG para dignificar a súa situación. "O que merece o Arquivo Pacheco é ser conservado, dixitalizado e sobre todo exhibido, para que todas as viguesas e vigueses, todas as galegas e galegos, poidamos coñecer este incomparábel testemuño gráfico da nosa historia", acrecenta.
Neste sentido, Igrexas volveu lamentar a decisión do Goberno de Abel Caballero de finiquitar o proxecto de Centro Galego de Fotografía, que debía albergar estes fondos, para dedicar o seu edificio a ser "despacho da presidenta da Deputación".
Desde o Bloque chaman a poñer fin á política "suicida" que, segundo apuntan, practica o Concello no ámbito cultural, e a reverter a situación inaceptábel na que se atopa o Arquivo Pacheco. "É só cuestión de vontade política. O Concello conta cos medios e cos recursos para facelo", sinalan.
Una terraza de Nigrán con increíbles vistas al mar suma una nueva propuesta gastro. Un restaurante de Vigo aterriza con su cocina fusión
Un conocido influencer argentino de casi medio millón de seguidores se enamora de O Porriño. "De los ayuntamientos más bonitos de España"
Renfe advierte de alteraciones en los trenes de Galicia por las obras en la estación de A Coruña. Estos serán los cambios de cara a verano
Detenido un vecino de Tomiño como supuesto autor de un robo con fuerza en una vivienda. Accedió con una llave obtenida ilícitamente
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL