O Bloque Nacionalista Galego urxe reforzar de forma inmediata os servizos sociais do Concello de Vigo ante o colapso e as demoras de máis dun mes para ter cita. A fronte nacionalista denuncia a “inxustificábel e indecente precariedade” que padecen as unidades de traballo municipais pola falla de medios e persoal.
“Máis dun mes á espera para acceder a recursos que son vitais para enfrontar situacións de verdadeira emerxencia social, nun contexto ademais marcado polo agravamento da crise, como as que está vivindo infelizmente un cada vez maior número de persoas e familias da nosa cidade”, alertou o concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que lembrou que Vigo segue tendo máis de 60.000 persoas en risco de exclusión social e pobreza
O edil nacionalista puxo como exemplo a oficina de servizos sociais de Teis, pechada durante meses até este xoves “a pesar da propaganda e dos anuncios”. Cuestionou, nese sentido, que o goberno de Abel Caballero teña na máis “absoluta precariedade” os servizos sociais malia contar o Concello con máis recursos dos que nunca na súa historia.
“Inda que non se poida inaugurar, axudar ás familias máis vulnerábeis e ás persoas empobrecidas ten que ser unha verdadeira prioridade na política municipal”, reclamou Igrexas, que salientou que Vigo a día de hoxe ten menos da metade das traballadoras sociais que lle corresponden en función da súa poboación. “Ten que haber un compromiso real para facer do Concello de Vigo un parapeto que protexa a quen máis o necesita; iso é humanizar de verdade unha cidade”.
O candidato do BNG asegurou que hai “recursos, orzamento e capacidade de contratación” para reforzar e evitar este colapso das unidades de traballo social. “Por iso non podemos entender como o Goberno municipal deixou sen gastar preto de 10 millóns de euros no capítulo de persoal en 2022 e ten máis de 300 prazas de persoal do Concello sen adxudicar”.
Vanesa Martín firma un concierto lleno de emoción en un Castrelos que se emocionó con la nueva propuesta musical de la malagueña, "Casa mía"
Uno de los mejores cocineros de Galicia regresa a la Guía Michelin con su nuevo proyecto en pleno centro de Ourense
La Xunta detalla los plazos de la primera fase de recuperación del Teatro Cine Fraga, cuyas obras se prevé que arranque en un año
Vigo y su área comenzarán agosto con temperaturas por encima de los 34 grados. La Aemet anuncia una nueva ola de calor
El ministro Óscar López ha anunciado que el objetivo de "seguir desarrollando, investigando y formando en materia de fotónica"
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL