• Jardín en Vigo
  • Nuevo obrador Vigo
  • Estadio Balaídos
  • Castillo Sobroso
  • Conciertos atardecer
  • Fiesta histórica
  • Mercado O Porriño
  • Despliegue militar
  • Festa da Coca
  • Mundial 2030
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

O Campus Auga financia seis proxectos de I+D con potencial de explotación e impacto no mercado

O Campus Auga financia seis proxectos de I+D con potencial de explotación e impacto no mercado
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
23/06/2025

O Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense, puxo en marcha este ano un programa que aposta por transformar o coñecemento xerado polo seu persoal investigador en produtos e servizos con valor no mercado. A súa primeira acción foi unha convocatoria de axudas a iniciativas con este obxectivo que acaba de ser resolta. Seis son os proxectos que acadaron financiamento ao seu abeiro e que se desenvolverán nos vindeiros meses. As temáticas que abordan van desde a loita contra os nematodo da pataca ata novas fontes de proteína a partir de insectos.

Segundo explican desde a súa organización, este Programa de pulo á valorización e transferencia do coñecemento do Campus Auga quere contribuír ao desenvolvemento económico da contorna e ao fomento da cultura emprendedora. Para acadalo, aposta por, con iniciativas coma estas axudas, identificar, valorizar e madurar resultados de investigación, nas súas diferentes fases de desenvolvemento, con potencial de explotación e impacto no mercado. Está financiado polo convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Vigo para executar accións estratéxicas no Campus Auga (2024-2027).

Másnoticias

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

03/06/2026
Ni soja ni avena, la UVigo avanza para crear bebidas vegetales 100% gallegas con castaña o fabas

Ni soja ni avena, la UVigo avanza para crear bebidas vegetales 100% gallegas con castaña o fabas

28/05/2026

Do científico-tecnolóxico ao empresarial

As iniciativas financiadas nesta primeira convocatoria do programa pertencen maioritariamente ao eido científico e tecnolóxico e están lideradas por persoal investigador de grupos de investigación do Campus Auga e procedentes da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e das facultades de Ciencias e de Ciencias Empresariais e Turismo. Un dos proxectos beneficiarios céntrase na demostración da eficacia en campo da planta Solanum sisymbriifolium para a eliminación de quistes do nematodo da pataca. Liderado por Antía Gómez, o seu obxectivo é evitar un uso excesivo de nematicidas químicos nos terreos ofrecendo unha alternativa sostible e empregando unha estratexia biolóxica para a redución dos quistes presentes no solo. “A nivel económico, a estratexia proposta constitúe unha práctica agrícola altamente prometedora, tanto polo seu baixo custe de implantación como polo aforro significativo grazas á redución de nematicidas de síntese química”, sinala a investigadora.

Helena Raquel dos Santos é a investigadora que lidera outro dos proxectos elixidos e que se centra neste caso en novas fontes de proteína a partir de insectos mediante tecnoloxías de baixo impacto ambiental. Esta proposta procura estudar o potencial de transferencia dunha tecnoloxía desenvolvida no proxecto Inprosect-Incremento do valor das fariñas de insectos nun contexto de bioeconomía circular. “Os resultados non só impulsan o uso de insectos en alimentación, senón que tamén abren novas oportunidades para a bioeconomía e a economía circular”, apunta a súa responsable. No proxecto avaliarase a posibilidade de crear unha spin off a partir das tecnoloxías desenvolvidas para o procesado de insectos. Outro dos traballos financiados, a cargo da investigadora Ana María Torrado, é de validación do proceso a escala piloto de obtención enzimática de xilooligosacáridos prebióticos (XOS) a partir de palla de trigo e avaliación nun alimento real. O seu obxectivo é o deseño dun proceso novo e alternativo aos habitualmente empregados para a produción de oligosacáridos a partir do xilano insoluble de materiais lignocelulósicos.

Ferramentas de utilidade

Pola súa banda, Gonzalo Astray desenvolverá a iniciativa Intelixencia solar en Galicia: modelos de aprendizaxe automática para a irradiación solar global mensual. Inicio do camiño cara unha transferencia tecnolóxica. “Este proxecto baséase no desenvolvemento dunha ferramenta de aprendizaxe automática capaz de xerar predicións máis ou menos precisas da irradiación solar global mensual na comunidade autónoma de Galicia”, sinala o investigador. Esta ferramenta permitiría, engade, “empoderar aos usuarios ao ter acceso a información preditiva útil que os axudará á hora de tomar decisións como a localización máis axeitada das instalacións solares (de índole fotovoltaica ou térmica), planificar as actividades agrícolas ou xestionar o consumo de enerxía con vistas o futuro”.

Tamén se financiará un traballo sobre o desenvolvemento e promoción de Fortran Analyser, a cargo de Laura de la Torre. FortranAnalyser é un software libre que leva a cabo análise estática de código Fortran, axudando a mellorar a calidade e mantemento dos proxectos deste software. “A proposta presentada para o desenvolvemento de FortranAnalyser permitirá mellorar a súa implantación nas contornas empresariais e académica para posteriormente ofrecela e comercializala como un servizo de software como servizo”, apunta a súa responsable.

Xa fóra do eido científico-tecnolóxico completa a listaxe un traballo de análise da viabilidade operativa e comercial da ferramenta Renturs, de Diego Rodríguez Toubes. “Renturs presenta unha innovación metodolóxica singular no eido da avaliación de proxectos turísticos, ao ser a primeira ferramenta baseada en análise custo-beneficio adaptada especificamente para cuantificar o impacto social en contextos turísticos. A súa novidade radica na integración de variables socioambientais tradicionalmente excluídas dos modelos de decisión pública, como a calidade do emprego xerado, a preservación de ecosistemas sensibles e a inclusión de colectivos desfavorecidos”, explica o responsable da iniciativa.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El jardín más exótico de Vigo anuncia "un nuevo secreto", sumará una cafetería y zona comercial
Enfoque

El jardín más exótico de Vigo anuncia "un nuevo secreto", sumará una cafetería y zona comercial

...

PorSara Rodríguez
04/06/2026
Vigo suma un nuevo obrador de barrio que une la tradición de Galicia con los sabores de Nicaragua
Enfoque

Vigo suma un nuevo obrador de barrio que une la tradición de Galicia con los sabores de Nicaragua

...

PorAlfredo Teja
04/06/2026
El Celta recoge antes del partido alimentos y otros productos para los afectados por la DANA
Enfoque

Campaña en Vigo para que el estadio de Balaídos no lleve el nombre de Abanca: "É público, é vigués"

...

PorCarlos I. Castrillón
04/06/2026
Así luce el Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de Galicia y que estrena nueva imagen
Enfoque

Así luce el Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de Galicia y que estrena nueva imagen

...

PorIván Dacal
04/06/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón
Enfoque

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

PorCarlos I. Castrillón
03/06/2026

El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X