• Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Nuevo puente internacional
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
  • Playas Baiona
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

O campus vigués da UVigo, epicentro da criobioloxía cun congreso de especialistas de todo o mundo

O campus vigués da UVigo, epicentro da criobioloxía cun congreso de especialistas de todo o mundo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
20/09/2023

O campus de Vigo é desde este mércores e ata o vindeiro mércores epicentro dos últimos avances en criobioloxía, a ciencia que estuda os fenómenos biolóxicos que se producen a temperaturas moi baixas, grazas á celebración no edificio de Ciencias Experimentais do 59 Congreso da Society for Low Temperature Biology. Este encontro, organizado por Jesús Troncoso e Estefanía Paredes, investigadores do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM), reúne a especialistas de todo o mundo para compartir coñecementos, experiencias e descubrimentos en áreas que abarcan desde a criopreservación ata a adaptación ao frío.

O encontro ofrece unha oportunidade única para que científicos e científicas do campo se reúnan, compartan ideas e establezan colaboracións frutíferas. Neste senso, a presidenta da Society for Low Temperature Biology, Birgit Glasmacher, destacou na inauguración do congreso que éste supón “unha oportunidade para a creación de traballo en rede entre distintos profesionais para avanzar no campo da criobioloxía e a criotecnoloxía”.

Másnoticias

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

16/07/2026
O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

16/07/2026

Pola súa banda, o director do CIM, Daniel Rey, salientou “a importancia deste tipo de eventos para promover esta disciplina en España” e afirmou que supón un fito para a Universidade de Vigo e para o CIM, xa que permite avanzar nun ámbito que ten un gran potencial e aplicación en numerosos campos científicos. “A nosa institución está moi comprometida con incentivar a colaboración internacional entre persoal investigador e este congreso é un claro exemplo deste empeño”, engadiu.

A investigadora do CIM e presidenta da Sociedade Española de Criobioloxía (SeCrio), Estefanía Paredes, destacou pola súa banda que “non é habitual que especialistas en criobioloxía se dean cita nun encontro coma este” e que “ esperamos que todos os asistentes se leven un coñecemento valioso sobre os avances realizados polo centro respecto da importancia dos organismos mariños como valiosos modelos para o estudo da criobioloxía, criopreservación e biobancaraización, dos que somos pioneiros a nivel mundial”.

Por último, a investigadora da UVigo e concelleira Delegada de Limpeza, Ciclo de Auga e Transportes do Concello de Vigo, Ana Mejías, incidiu na "importancia de que Vigo sexa a sede dun congreso no que se avanza no coñecemento dunha disciplina con gran variedade de usos no futuro, demostrando que Vigo é unha cidade de ciencia”. Ademais, admitiu que “este tipo de eventos permiten avanzar en novas solucións a futuros problemas de investigación”.

Tres días de relatorios

Concretamente, o encontro iniciouse cunha ponencia invitada sobre a creación dunha infraestrutura sostible para a investigación centrada no paciente e nos biobancos por parte do profesor Barry J. Fuller. Posteriormente, haberá sesións centradas na reprodución humana e animal, tocando temas como a preservación de organoides e a construción de enxeñaría de tecidos.

No segundo día, as comunicacións estarán centradas nas criotecnoloxías e crioprotectores, ofrecendo conferencias sobre métodos para a avaliación morfolóxica e ultratraestrutural na criopreservación de tecidos, xunto con sesións sobre requecemento por ultrasonidos, seguimento da temperatura liquida ou a criopreservación no contexto acuático.

Neste campo, o CIM, que forma parte da Rede CIGUS que integra a aqueles centros cuxa calidade e impacto de investigación foi acreditada pola Xunta de Galicia, pode ofrecer a experiencia e coñecementos da investigadora Estefanía Paredes, unha das poucas especialistas a nivel mundial na criopreservación de organismos mariños e presidenta da recentemente creada Sociedade Española de Criobioloxía, que co-organiza este congreso.

Por último, o venres haberá unha conferencia sobre a situación no Instituto de de Criobioloxía e Criomediciña da Academia Nacional de Ciencias de Ucrania (IPC&C NAS). Ademais, tamén está previsto afondar na agricultura e criobiotecnoloxía, a conservación de magnolias americanas ou o estudo de moléculas de nucleación de xeo no pole das prantas.

O CIM, sede da Sociedade Española de Criobioloxía

A Society for Low Temperature Biology (SLTB) é unha organización científica que ten como obxectivo promover a investigación, o intercambio de coñecementos e a colaboración no campo da criobioloxía. Pola súa banda, a Sociedade Española de Criobioloxía (SECrio), con sede no CIM e coa científica Estefanía Paredes como presidenta fundacional, creouse a inicios de 2023 e conta cunha ampla diversidade de profesionais españois con intereses neste ámbito de coñecemento que estuda os efectos das baixas temperaturas en materiais ou sistemas biolóxicos.

Temas: Universidad de VigoUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo
Enfoque

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O Porriño toma medidas especiales por el "gran apagón" que afecta a toda España
Enfoque

"Hito histórico" para O Porriño, aprueban su escudo y su bandera con estos elementos

...

PorMiguel Alonso
21/07/2026
Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis
Enfoque

Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis

...

PorSara Rodríguez
21/07/2026
Baiona iza la bandera roja y prohíbe temporalmente el baño en dos de sus playas
Enfoque

Baiona quita la prohibición de bañarse en dos de sus playas, que vuelven a tener un agua "excelente"

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X