• Chiringuitos Vigo
  • Chayanne Castrelos
  • Super 24 horas Vigo
  • Entradas Chayanne Vigo
  • The Champions Burger
  • Nuevo puente internacional
  • Festival Vigo
  • Mercado Vigo
  • Fiesta gastronómica
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

O Centro de Investigación Mariña da UVigo lidera un proxecto internacional dotado con 2,3 millóns

O Centro de Investigación Mariña da UVigo lidera un proxecto internacional dotado con 2,3 millóns
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
11/07/2023

A biotecnoloxía azul é aquela que promove a utilización sostible dos recursos mariños e costeiros para desenvolver solucións innovadoras en eidos como a acuicultura sostible, a conservación e restauración de ecosistemas mariños, a produción de alimentos mariños e a procura de compostos bioactivos con aplicacións na industria farmacéutica, cosmética e alimentaria. Son actividades cun rol relevante no crecemento económico local que precisan dunha contorna de cooperación en I+D+I internacional que mellores a súa competitividade e a sustentabilidade do sector no espazo atlántico. E este é, precisamente, o obxectivo do proxecto Marinnonet, unha iniciativa liderada polo Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM) que acaba de ser seleccionada no marco do programa Interreg Atlantic Area cunha dotación de 2,3 millóns de euros.

A finalidade do proxecto é mellorar as capacidades de innovación e transferencia no eido da biotecnoloxía azul dos países do espazo atlántico e reúne actores da cuádrupla hélice (academia, administración, empresas e sociedade) de España, Francia, Portugal e Irlanda dedicados á I+D+i de biotecnoloxía mariña para crear unha rede de cooperación transnacional que impulse a capacidade de innovación do sector. Desta forma, lograrase a explotación conxunta das súas competencias e capacidades en beneficio da innovación azul para asegurar a súa competitividade na economía azul europea e mundial e o uso sostible dos recursos mariños, contribuíndo á adaptación ao cambio climático.

Másnoticias

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

16/07/2026
O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

16/07/2026

Marinnonet botará a andar en xaneiro de 2024 e terá tres anos de duración, nos que o obxectivo é crear unha rede transnacional de cooperación en I+D+i que permitirá potenciar a capacidade de innovación do sector da biotecnoloxía azul en tres campos de actuación: innovacións para unha acuicultura eficiente, sostible e resiliente; tecnoloxías ómicas de observación para preservar a biodiversidade mariña e restaurar a saúde do océano; e produtos mariños para aplicación industriais.

Cooperación internacional

O investigador principal do proxecto e catedrático do CIM, José Luis Soengas, destaca que “a cooperación transnacional é fundamental para alcanzar os obxectivos e resultados do proxecto, xa que as rexións da área atlántica enfrontan desafíos e oportunidades comúns no sector de biotecnoloxía azul”. Así, a través de Marinnonet “coordinaranse accións para compartir recursos e coñecementos e abordar as necesidades locais desde unha perspectiva sistémica. Ademais, o proxecto beneficiará a empresas de biotecnoloxía azul, estimulando a innovación e o desenvolvemento de novos produtos”, engade.

Soengas subliña que esta iniciativa “é de grande importancia para o CIM, xa que brinda a oportunidade de fortalecer e mellorar as capacidades de innovación e transferencia no campo da biotecnoloxía mariña” e asegura que “ao formar parte desta iniciativa conxunta, o centro poderá colaborar con outros actores relevantes da cuádrupla hélice en diferentes rexións da área atlántica, o que ampliará a súa rede de contactos e potenciará a transferencia de coñecemento e tecnoloxía”.

Ademais, o investigador principal tamén recalca que este proxecto axudará a fomentar “a creación de novos produtos, servizos e empresas no sector da biotecnoloxía azul. Isto pode xerar emprego e promover o desenvolvemento económico nas rexións costeiras e mariñas dos países implicados”.

Pola súa banda, o director do CIM, Daniel Rey, tamén considera que “a sinerxía entre equipos de investigación de diversas disciplinas é unha das grandes fortalezas do centro. Esta é fundamental para afrontar os grandes desafíos da nosa sociedade cun enfoque integral e innovador”. A través do liderado destes proxectos colaborativos e interdisciplinares, engade, “o CIM impulsa o desenvolvemento da economía azul, ofrecendo solucións innovadoras para a industria e aplicacións concretas en áreas como a acuicultura sostible, a conservación da biodiversidade mariña e a produción de novos produtos mariños”.

Socios da cuádrupla hélice

Xunto co CIM, forman parte do proxecto Marinnonet entidades académicas e de investigación como a Universidade de Las Palmas de Gran Canaria, a Universidad del País Vasco, o Instituto Español de Oceanografía do CSIC, a University of Galway (Irlanda), a Universidade do Minho (Portugal), Sorbonne Université (Francia), Munster Tecnological University (Irlanda) e o Centro Interdisciplinar de InvestigaÇao Marinha e Ambiental (CIIMAR) de Portugal. Ademais, no proxecto colaboran representantes da administración pública como a Axencia Galega de Innovación (GAIN), a Hazi Fundazioa, a Sociedad de Promoción Económica de Gran Canaria e a Irish Bioeconomy Foundation (Irlanda).

Como representantes da sociedade están o grupo de acción costeira GALP Ría de Vigo e o grupo de acción local pesqueiro do país vasco Itsas Garpen Elkarta Flag. No eido empresarial, participan a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos (Anfaco), a AsociaÇao Nacional para os Biorecursos Marinhos e Biotecnologia Azul (Portugal), o cluster Pôle Mer Bretagne Atlantique (Francia) e Blue Bioeconomy CoLAB (Portugal).

Tres campos de acción

O proxecto arrancará cunha primeira fase na que se realizarán reunións de innovación aberta e co-creación para establecer as temáticas, desafíos e oportunidades comúns do territorio organizados arredor de tres campos de acción. O primeiro é a acuicultura eficiente, sostible e resiliente, para abordar os retos en fisioloxía, nutrición, xenética e reprodución dos organismos cultivados, así como o control das súas enfermidades, beneficiando ás actividades acuícolas, marisqueiras e pesqueiras.

Un segundo eido centrarase en como o uso de tecnoloxías ómicas contribuirá a descifrar a complexidade das interaccións biolóxicas e ambientais nos ecosistemas mariños, a súa biodiversidade e protección, proporcionando ás administracións públicas as ferramentas e coñecementos necesarios para predicir e adaptarse aos efectos do cambio climático global e salvagardando a saúde e o benestar humano.

Por último, no terceiro campo de acción desenvolveranse tecnoloxías para o illamento e procesamento de materiais bioactivos de organismos mariños, abordando en particular enfoques máis sostibles aplicados a subprodutos mariños ou recursos pouco explotados, co obxectivo de aplicalos de maneira sostible en biomedicina, farmacoloxía, cosméticos e alimentos.

A partir de aí, o proxecto lanzará convocatorias internas de proxectos piloto que ofrezan solucións prácticas a estes desafíos, dando lugar así á transferencia real deste coñecemento ao mundo empresarial e á sociedade.

Temas: Universidad de VigoUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo
Enfoque

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O Porriño toma medidas especiales por el "gran apagón" que afecta a toda España
Enfoque

"Hito histórico" para O Porriño, aprueban su escudo y su bandera con estos elementos

...

PorMiguel Alonso
21/07/2026
Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis
Enfoque

Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis

...

PorSara Rodríguez
21/07/2026
Baiona iza la bandera roja y prohíbe temporalmente el baño en dos de sus playas
Enfoque

Baiona quita la prohibición de bañarse en dos de sus playas, que vuelven a tener un agua "excelente"

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X