• Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Nuevo puente internacional
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
  • Playas Baiona
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

O Claustro da UVigo celebra a súa sesión constituínte e abre a nova lexislatura

O Claustro da UVigo celebra a súa sesión constituínte e abre a nova lexislatura
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

Alba RodríguezPorAlba Rodríguez
07/07/2022

Coa celebración este xoves da sesión constituínte do Claustro Universitario arranca unha nova lexislatura tras as eleccións celebrada o pasado 4 de maio nas que o reitor Manuel Reigosa foi reelixido no cargo. Esta foi a primeira xuntanza da novena lexislatura dun órgano que nesta nova andaina está formado por 228 membros, dos cales 203 foron elixidos no proceso electoral e 25 son membros natos (o reitor, o secretario xeral, a persoa que se ocupe da Xerencia e as e os decanos e directores de facultades e escolas).

A sesión arrancou coa constitución da Mesa de Idade, da que forman parte o reitor, o secretario xeral e dous representantes por cada un dos sectores do Claustro, que serán o de maior e de menor idade en cada sector. Esta mesa foi a encargada de iniciar a sesión mentres se elixía a Mesa do Claustro, que quedou conformada para o próximos catro anos. O presidente será o reitor, mentres que os labores de secretaría lle corresponden o secretario xeral da Universidade e, xunto con eles, dous representantes de cada sector. Polo PDI-B Pablo Izquierdo e Juan José López Escobar; polo sector estudantes Ruth Davila e Miguel Fernández Simoes; en representación do PAS Federico Fernández Fernández e Noelia Mª Rivera e no PDI-A, único sector no que foi preciso realizar votación, as persoas elixidas para formar parte da mesa son Manuel Martínez Piñeiro e María del Mar Rodríguez Domínguez.

Másnoticias

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

16/07/2026
O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

16/07/2026

Esta xuntanza foi a máis concorrida dende o inicio da pandemia, a pesar de que se permitiu a asistencia tanto presencial como virtual. De feito, as votacións que se realizaron para as eleccións de membros de diferentes órganos realizáronse tanto en persoa como a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo.

Elección dos membros do Consello de Goberno

Unha vez constituída a Mesa do Claustro abriuse a votación para a elección dos membros do Consello de Goberno, que quedou conformado polo reitor, o secretario xeral e a persoa que ocupe a Xerencia, 15 membros designados polo reitor e os 20 membros elixidos polo Claustro de entre os seus membros. Deste vinte, oito corresponden ao sector PDI-A (Jacobo Porteiro, José Carlos López Ardao, Álvaro Xosé López Mira, Rafael Durán, Pedro Araújo, Mª Concepción Paz Penín, Raquel Arévalo e Mª Carmen Ruíz Hidalgo); dous ao sector PDI-B (Mª Salomé Álvarez Álvarez e Mª Covadonga Barreiro); oito aos estudantes (Estela Lima, Miguel Fernández Simoes, Manuel Diz Folgar, Noa González Seoane, Ruth Davila, Uxía Pérez García, Adrián Alonso e Pablo Abelleira) e dous do colectivo do PAS (Anabel González Penín e Carlos Mollinedo), aínda que neste caso non foi preciso realizar votación.

Tamén se elixiron 15 membros entre as persoas decanas e directoras dos centros e departamentos, resultando elixidos Mª Ángeles Peña, Francisco Javier Rodríguez Rajo, Mª Montserrat Cruz, Consuelo Currás, Mª del Mar Rodríguez Domínguez, Francisco Javier Rodríguez Martínez, Juan Picos, Coral Del Río, Francisco Javier García Cutrín, Rebeca Díaz, Juan Pardo Froján, Xosé Manuel Cid, Mª Soledad García Fontán, Humberto Michinel e Mª Consuelo Pérez Vázquez. Ademais das persoas elixidas nesta sesión, completan o Consello de Goberno tres representantes do Consello Social non pertencentes á comunidade universitaria e recoñécese a presenza con voz de catro representantes sindicais, un por cada forza máis votada entre o PDI funcionario, o PDI laboral, o PAS funcionario e o PAS laboral.

Comisión Electoral, Comisión de Reclamacións e consellos de campus

Nesta sesión tamén foi preciso realizar votacións para a elección dos 12 membros da Comisión Electoral, que se unen neste órgano ao reitor e ao secretario xeral. Dos membros electos, tres corresponden ao profesorado doutor con vinculación permanente; tres a outro persoal docente e investigador, tres ao estudantado e tres ao persoal de administración e servizos, neste dous últimos sectores non foi necesario realizar votación.

Para o resto dos puntos da orde do día, que incluía a elección dos membros dos consellos de campus e da Comisión de Reclamacións, non foi necesario realizar votacións, xa que había catro candidaturas para seis postos. Dúas candidaturas que se presentaron fóra de prazo, “levaranse ao próximos Claustro”, tal e como indicou o reitor. Así, a Comisión de Reclamacións quedará conformada polo reitor e seis profesores con ampla experiencia docente e investigadora, pertencentes ao corpo de catedráticos/as da universidade de diversas áreas de coñecemento. Os consellos de campus quedan conformados polo reitor e a vicerreitora correspondente, xunto con representantes do PDI, o PAS e o alumnado.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo
Enfoque

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O Porriño toma medidas especiales por el "gran apagón" que afecta a toda España
Enfoque

"Hito histórico" para O Porriño, aprueban su escudo y su bandera con estos elementos

...

PorMiguel Alonso
21/07/2026
Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis
Enfoque

Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis

...

PorSara Rodríguez
21/07/2026
Baiona iza la bandera roja y prohíbe temporalmente el baño en dos de sus playas
Enfoque

Baiona quita la prohibición de bañarse en dos de sus playas, que vuelven a tener un agua "excelente"

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X