• Fiestas de Bouzas
  • Restaurantes en Vigo
  • Calor en Galicia
  • Fiesta Callos Vigo
  • Aquapark Cerceda
  • Muerte Redondela
  • Narcotráfico
  • Preservativos gratis
  • Castelao cuadro
  • Rally das Donas
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

O equipo de aeromodelismo UVigo Aerotech compite en Valencia co seu dron Peregrinus

O equipo de aeromodelismo UVigo Aerotech compite en Valencia co seu dron Peregrinus
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
10/07/2025

O equipo de aeromodelismo UVigo Aerotech compite esta semana na XtraChallenge de Valencia. Faino co seu dron Peregrinus, froito dun proxecto multidisciplinar no que participaron ao longo deste curso académico 46 estudantes do campus de Ourense, fundamentalmente da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e da Escola Superior de Enxeñaría Informática pero tamén da Facultade de Relacións Internacionais.

A XtraChallenge, que se celebra do 8 ao 11 de xullo, é unha competición española universitaria de aeromodelismo, concretamente de transporte de carga con drons de á fixa, creada en 2022 por estudantes da Universitat Politècnica de València, do equipo Xtra2 UPV. A cita xurdiu co propósito de animar ao alumnado estatal a deseñar, construír e pilotar aeronaves radiocontrol desde unha perspectiva de enxeñaría. O certame está baseado na Air Cargo Challenge e nesta edición conta coa participación de 20 equipos, sendo o da UVigo o único representante galego. “Para nós é un orgullo representar tanto a nosa cidade, Ourense, como a nosa universidade, a Universidade de Vigo, nesta competición”, indican desde UVigo Aerotech.

Másnoticias

Un estudio de la UVigo evalúa cómo la naturaleza ayuda a personas con problemas cardíacos

Un estudio de la UVigo evalúa cómo la naturaleza ayuda a personas con problemas cardíacos

08/06/2026
La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

04/06/2026

Deseñado, fabricado e voado polos seus membros

O obxectivo da cita é que os equipos participantes deseñen e constrúan unha aeronave non tripulada capaz de transportar carga a máxima velocidade, cumprindo con estritas normas técnicas e de deseño. Na competición, os equipos van superando diferentes probas nas que se avalía a aeronave, desde as súas características técnicas e planos ata o seu modelo de negocio, e se fan diferentes probas de voo con ela. “O noso equipo participou nas tres últimas edicións XtraChallenge apostando por distintos conceptos e, nesta ocasión optamos por un deseño algo máis conservador”, sinalan desde o equipo.

UVigo Aerotech marcouse como obxectivo este curso que o seu modelo, deseñado, fabricado e voado integramente polos seus membros, puidese cargar a máxima cantidade de auga posible. O avión resultante, Peregrinus, ten unha envergadura (ancho) de 2,61 m, unha lonxitude (largo) de 1,56 m e unha payload (carga útil) de 1,2 Kg. Conta tamén cunha configuración de á baixa, cola en forma de V e tanques de auga integrados na zona superior da fuselaxe. Para prepararse para a competición, o equipo realizou ademais múltiples voos no campo de voo correspondente ao CAO, en Ourense.

Culminación dun curso de traballo

Peregrinus é a culminación do traballo realizado ao longo do curso académico polo estudantado dos graos de Enxeñaría Aeroespacial, Enxeñaría Informática, Intelixencia Artificial e Relacións Internacionais implicados. Elas e eles foron os encargados de levar a cabo todo o proceso, desde o deseño e fabricación da nave ata a busca de patrocinadores e de viabilidade económica do proxecto. Moi satisfeitos de ter conseguido chegar a competir nesta XtraChallenge 2025, o equipo da UVigo sinala que, seguindo a filosofía desta competición, a participación nesta cita é un premio a ese esforzo realizado ao longo de todo o curso e a culminación do proceso de aprendizaxe seguido. É ademais unha oportunidade de compartir coñecementos, experiencias e convivencia con equipos similares doutras universidades españolas.

Para poder chegar a presentar e competir en Valencia co seu vehículo propio, desde UVigo Aerotech destacan e agradecen o apoio dos seus patrocinadores, que son Nort3D, Axencia Galega de Innovación (Xunta de Galicia), Altair, Uarx Space, Coasa, Marine Instruments, Catec, Ansys, Centum, 3DExperience, Orensanex, CITI, Gurit, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, RDCWorks, Europrecis, Industrias Trimar e Utingal.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Nace un nuevo restaurante en Vigo para recuperar "el sabor de siempre" con un "toque único"
Enfoque

Nace un nuevo restaurante en Vigo para recuperar "el sabor de siempre" con un "toque único"

...

PorSara Rodríguez
08/06/2026
Subastan en Vigo el barco "Gure Leire", apresado con 2.500 kilos de cocaína, por 62.000 euros
Enfoque

Subastan en Vigo el barco "Gure Leire", apresado con 2.500 kilos de cocaína, por 62.000 euros

...

PorUxía Pérez
08/06/2026
La Xunta cierra una oficina de Augas de Galicia en Vigo por "optimización" de recursos
Enfoque

La Xunta cierra una oficina de Augas de Galicia en Vigo por "optimización" de recursos

...

PorEuropa Press
08/06/2026
El BNG critica que Caballero niegue "de forma cínica" el problema de los desahucios en Vigo
Enfoque

El BNG de Vigo denuncia que el gobierno local ha desatendido miles de reclamaciones vecinales

...

PorMiguel Alonso
08/06/2026
Un estudio de la UVigo evalúa cómo la naturaleza ayuda a personas con problemas cardíacos
Enfoque

Un estudio de la UVigo evalúa cómo la naturaleza ayuda a personas con problemas cardíacos

PorMetropolitano
08/06/2026

¿Puede la actividad física en entornos forestales ayudar a regular el sistema nerviosos autónomo y tener efectos en estados de estrés?

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X