• Chiringuitos Vigo
  • Chayanne Castrelos
  • Super 24 horas Vigo
  • Entradas Chayanne Vigo
  • The Champions Burger
  • Nuevo puente internacional
  • Festival Vigo
  • Mercado Vigo
  • Fiesta gastronómica
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

O equipo de aeromodelismo UVigo Aerotech compite en Valencia na XtraChallenge 2023

O equipo de aeromodelismo UVigo Aerotech compite en Valencia na XtraChallenge 2023
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
14/07/2023

As aeronaves Lign-0 e Mobula-0, deseñadas, construídas e pilotadas polo equipo de aeromodelismo UVigo Aerotech xa voan en Valencia na competición XtraChallenge 2023. Coa súa participación nesta cita culmina un intenso ano de traballo de 28 estudantes da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e da Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense. “O noso obxectivo prioritario non é a competición en si, senón a aprendizaxe durante o proceso, o reto de afrontar na realidade o deseño, fabricación e voo de aeronaves, e ese reto queda cumprido. Estamos moi satisfeitos”, explican desde o equipo.

A XtraChallenge, que se celebrada do 12 ao 14 de xullo, é unha competición española universitaria de aeromodelismo, concretamente de transporte de carga con drons de á fixa, creada en 2022 por estudantes da Universitat Politècnica de València (UPV), do equipo Xtra2 UPV. A cita xurdiu co propósito de animar ao alumnado estatal a deseñar, construír e pilotar aeronaves radiocontrol desde unha perspectiva de enxeñaría. O certame está baseado na Air Cargo Challenge (ACC), na que ten participado o pasado verán o equipo do campus de Ourense.

Másnoticias

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

16/07/2026
O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

16/07/2026

Concretamente, a UVigo participa en Valencia con dúas aeronaves, Lign-0 e Mobula-0, deseñadas e fabricadas con materiais económicos, seguindo a filosofía da competición na que participan, onde se limita o orzamento de fabricación por aeronave a 300 euros. Porén, subliñan, “utilizáronse procesos de enxeñaría moderna como o deseño CAD, a simulación aerodinámica e estrutural ou o mecanizado de diversas pezas, entre outros procesos, que foron posibles grazas ás empresas que colaboran ano tras ano co equipo, a maioría delas do tecido industrial galego”. Lign-0, detallan, é un dron de á fixa convencional, cunha disposición similar ás aeronaves civís e fabricado principalmente con madeira cortada por láser. Mobula-0 é unha á voante fabricada con poliestireno expandido, a primeira deseñada por este equipo “cun deseño máis atrevido e que abre un mundo novo de posibilidades e permite explorar novos conceptos a UVigo Aerotech”.

Unha competición amigable

O primeiro día da XtraChallenge 2023 Valencia as dúas aeronaves de UVigo Aerotech superaron con éxito as probas estáticas, nas que se fai a revisión dos modelos, polo que xa pasaron a competir na fase de voo que remata este venres. “Estamos moi contentos de ter chegado ata aquí e de poder participar nesta competición”, explica Pablo Magariños, team leader do equipo. No certame, sinala, “hai un ambiente moi bo, é unha competición moi amigable na que todos nos axudamos e prestámonos cousas. Aínda que esteamos competindo uns con outros aquí estamos todos para aprender e vivir a experiencia. Importa máis conseguir que todos saquemos adiante os nosos avións que gañar ao equipo do lado”.

UVigo Aerotech, lembra, afrontou esta tempada cunha plantilla renovada e novas ideas. “No equipo tivemos este curso moita xente nova e o noso obxectivo prioritario era que puidesen aprender e cremos que o temos conseguido. Sempre hai marxe de mellora, pero o obxectivo de que todo o mundo teña aprendido e coller o ambiente de equipo conseguímolo e iso é o principal”, resume Pablo Magariños. Para acadalo apunta que un factor moi importante foi que na competición en Valencia empréganse aeronaves de baixo custe, algo, que indicou, “axuda moito á aprendizaxe, xa que ves o que falla e arránxalo; aconséllanche algo e próbalo e volves a probalo”, sen estar tan condicionados polo impacto económico de cada decisión. A creación de Lign-0 e Mobula-0, recalcan desde UVigo Aerotech, serviu aos membros do equipo para adquirir experiencia e coñecemento no desenvolvemento completo dunha aeronave, desde a fase de deseño preliminar ata o período de fabricación e voo”.

Evolucionando cada curso

A historia de UVigo Aerotech comezou a principios de 2020 na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo de Ourense cunha primeira tempada que rematou co deseño do AZOR-0 e continuou co deseño e fabricación do dron CORV-0, que competiu na Air Cargo Challenge 2022 en Alemaña, considerada unha das competicións interuniversitarias de enxeñaría aeronáutica máis importantes de Europa. O próximo reto será conseguir ir á Air Cargo Challenge 2024, que se celebrará en Aachen, Alemaña.

Desde UVigo Aerotech agradecen a todas as entidades públicas e privadas o seu apoio e colaboración co equipo no desenvolvemento dos seus proxectos, como son a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, Coasa, Mecadis, Gurit, Europrecis, Utingal, Marine Instruments, Altair, o Centro de Investigación, Transferencia e Innovación, o Civil UAVs Initiative, Centum ou RDC Works e Illumnia.

Temas: dronesUniversidad de VigoUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis
Enfoque

Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis

...

PorSara Rodríguez
21/07/2026
Baiona iza la bandera roja y prohíbe temporalmente el baño en dos de sus playas
Enfoque

Baiona quita la prohibición de bañarse en dos de sus playas, que vuelven a tener un agua "excelente"

...

PorIván Dacal
21/07/2026
La Diputación presume de financiar una de las grandes nuevas obras del Vigo Vertical
Enfoque

La Diputación presume de financiar una de las grandes nuevas obras del Vigo Vertical

...

PorUxía Pérez
21/07/2026
Un detenido por desobediencia y resistencia antes de la salida de manifestación del metal en Vigo
Enfoque

Orden judicial para indemnizar con 21.500 euros a policía herido en las protestas del metal en Vigo

...

PorPaula Carballo
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X