A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou esta mañá o IES de Teis, para coñecer de primeira man os proxectos educativos que se están levando a cabo no centro, así como comprobar as obras de ampliación acometidas e que supuxeron un investimento de 1,6 millóns de euros por parte do seu departamento.
Pomar asegurou que este instituto -no que hai uns 1.000 alumnos matriculados- “é un referente na oferta de ensinanzas profesionais de Informática e comunicacións e de Imaxe Persoal”, tanto de grao medio como superior e de FP Básica, xa que aglutina a práctica totalidade dos ciclos existentes en Galicia nestas dúas familias. A isto hai que engadir a participación do centro en programas educativos impulsados pola consellería, como a súa incorporación ao proxecto E-dixgal e a participación nos Plans Proxecta, nos Contratos-Programa e no Erasmus+.
A ampliación das instalacións foi deseñada, segundo explica a Xunta, “co obxecto de dar resposta ás necesidades de crecemento que está a experimentar a FP”, coa implantación da FP Básica e dos ciclos formativos de 2.000 horas.
Deste xeito, dotouse un novo espazo de 1.179,60 m² distribuído en planta semisoto, acceso e alta. Na planta semisoto sitúanse os talleres de estética, aula polivalente de estética, departamento e vestíbulo para os ciclos de peiteado e estética. Na planta de acceso hai tres aulas polivalentes, un almacén de tecnoloxía con aula adxunta, unha aula de pedagoxía terapéutica, e 2 aulas de diversificación; e finalmente o andar superior acolle o laboratorio taller de informática –dividido en tres partes- e o departamento. A actuación complétase coa mellora da instalación de protección contra incendios e o redimensionamento da instalación de calefacción.
¿Conoces el nuevo formato para tomar sushi por la calle? Un restaurante de Vigo apuesta por el nuevo fenómeno gastro que está triunfando
La alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, responde tras el rechazo de la oposición. Asegura que se mantendrá el Servizo de Axuda no Fogar
Unos 24 alfombristas de Ponteareas dirigen a los 160 voluntarios que han confeccionado la alfombra. Así engalanaron la visita del Papa León XIV
El domingo no ha acabado como lo esperaba para una turista en las Cíes. Un helicóptero la ha tenido que evacuar al hospital de Vigo
Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL