O Pleno do Concello das Neves aprobou, por unanimidade dos seus 17 concelleiros, integrantes dos grupos municipais do Partido Popular, BNG, PSdG-PSOE e concelleiro non adscrito, instar a Abanca á eliminación das 'comisións abusivas' e á devolución das xa efectuadas. A Corporación fixo extensiva esta solicitude a "todas as entidades bancarias con implantación no noso territorio".
Así mesmo, cos votos a favor dos concelleiros do equipo de Goberno (BNG-PSdG-PSOE), a abstención do concelleiro non adscrito e o voto en contra dos concelleiros do Partido Popular, se solicita á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno do Estado para esixir a derrogación da 'Lei de Estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira', Lei Orgánica de 2/2012, de 27 de abril, a popularmente coñecida coma 'Lei Montoro'.
A Corporación das Neves entende que nesta situación de "grave crise", é necesario poder destinar os recursos dos Concellos a "políticas activas de emprego, solidariedade e reactivación económica".
Co apoio das concelleiras e concelleiros do BNG e PSdG-PSOE, a abstención do concelleiro non adscrito, e o voto en contra do PP, o Pleno do Concello das Neves, insta á Xunta de Galicia a iniciar a elaboración dun plan galego de reactivación económica, consensuado con todas as administracións, forzas políticas, axentes e sectores sociais. Este plan debe delimitar claramente as competencias das distintas administracións, para evitar duplicidades e baleiros no emprego dos recursos públicos.
Ademais, pídese ao Goberno de Galicia a elaborar con urxencia dun plan galego de axudas, que complemente as medidas do Estado, a autónomos e Pequenas e Medianas Empresas (PEMES).
A Corporación nevense instou á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e á Xunta de Galiza a esixir a derrogación da Lei Montoro para permitir que os concellos poidan desenvolver toda a súa capacidade de investimento e gasto.
Por último, o Pleno manifestou a "firme oposición da Corporación municipal a calquera pretensión do Ministerio de Facenda de incautar ou bloquear os fondos municipais".
Después de celebrar su primer aniversario, una cafetería y "patisserie" de Vigo abre su segundo local. Así celebrará su inauguración
Los usuarios y usuarias de las playas de Baiona podrán volver a bañarse en Ladeira y Santa Marta. Ambas vuelven a tener un agua "excelente"
La vicepresidenta de la Diputación Luisa Sánchez destaca que la nueva imagen de Pintor Colmeiro ya está lista para que Vigo la disfrute
El policía fue alcanzado por un petardo, que le impactaría en el pie derecho, por lo que tuvo que ser atendido en urgencias
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL