O Ecoparque Campo Novo, en Viso dos Eidos, está a piques de abrir as súas portas á veciñanza. O vindeiro 19 de setembro celebrarase o acto inaugural dun espazo que busca converterse en núcleo de convivencia para os rosaleiros e rosaleiras, pero que tamén serve para achegar aos veciños e veciñas ao patrimonio etnográfico da zona. “Xa podemos desfrutar dun espazo creado pensando na súa contorna e buscando unha integración total, un exemplo máis da aposta decidida do Concello por dar prioridade á veciñanza e por impulsar proxectos de proximidade”, destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
A inauguración será a partir das 12:00 horas e contará coa actuación da canteira da Banda da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal. A rexedora agradece de forma especial a implicación da Agrupación Musical, que “unha vez máis colabora co Concello neste acto e en todo o devir do municipio. Este domingo poderemos escoitar aos nenos e nenas da Escola de Música, os que sen dúbida máis desfrutarán deste novo ecoparque”.
O ecoparque conseguiu transformar o espazo existente nun lugar creado pensado na contorna grazas a un proxecto da arquitecta e paisaxista María Fandiño para unha remodelación integral empregando técnicas naturais e tradicionais e incorporando especies autóctonas relacionadas coa auga, un elemento de grande importancia nesta zona do Rosal. De feito, durante os traballos de escavación atopouse unha antiga mina de auga que se canalizou e integrou no espazo. O proxecto contou cun investimento de 93.000 euros cofinanciados con fondos propios municipais e con fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
El sorteo de la Bonoloto dejó una pequeña alegría en Vigo. Un boleto sellado en un estanco de Coruxo tuvo un buen premio
El pan, la industria, la piedra y Antonio Palacios, protagonistas en el escudo y en la bandera de O Porriño que aprobó el Consello de la Xunta
Después de celebrar su primer aniversario, una cafetería y "patisserie" de Vigo abre su segundo local. Así celebrará su inauguración
Los usuarios y usuarias de las playas de Baiona podrán volver a bañarse en Ladeira y Santa Marta. Ambas vuelven a tener un agua "excelente"
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL