O Rosal xa desfruta do seu ecoparque O Sobreiral, un novo espazo que combina lecer e inclusividade no centro do municipio. O Concello estreouno cun magosto no que participaron moitos veciños e veciñas e que contou coa axuda da U.D Ribera, O Club Ciclista O Rosal, a Agrupación Musical do Rosal e o Acanor Novás Valinox. A alcaldesa, Ánxela Fernández, definiu a inauguración deste espazo como un “gran día no que os rosaleiros e rosaleiras gañan un espazo de gran valor natural para o desfrute das familias con xogos inclusivos, musicais, de equilibrio e biosaudables nun entorno inmellorable”.
Durante a xornada moitos rosaleiros e rosaleiras, entre eles, moitos nenos e nenas, xa desfrutaron dun lugar onde se pode vivir e sentir a natureza dentro dun conxunto de sobreiras, carballos e pinos de máis de 4.000 metros cadrados no que se integran espazos destinados á primeira infancia con xogos sensoriais e de motricidade, unhas pequenas gradas para o desfrute da veciñanza, xogos tradicionais e xogos que fomentan a creatividade, especialmente de carácter musical vinculados co gran valor patrimonial que a música ten no municipio, como se demostrou na inauguración do espazo cunha exhibición musical dos percusionistas da Agrupación Musical do Rosal.
“O ecoparque O Sobreiral é un pulmón de vitalidade para o centro do concello”, destaca a alcaldesa, xa que está a tan só 50 metros da Praza do Calvario, e é unha zona verde que aposta pola biodiversidade integrando todos os elementos na contorna natural con mobiliario de madeira: bancos corridos, gradas, butacas, escaleiras, ramplas de acceso e xogos están completamente mimetizados coa cor das cortizas das árbores.
Dende o Concello animan aos rosaleiros e rosaleiras a desfrutar ao máximo deste espazo, así como “tamén invitamos á veciñanza doutros concellos, xa que non hai ningún espazo similar na comarca”.
El sorteo de la Bonoloto dejó una pequeña alegría en Vigo. Un boleto sellado en un estanco de Coruxo tuvo un buen premio
El pan, la industria, la piedra y Antonio Palacios, protagonistas en el escudo y en la bandera de O Porriño que aprobó el Consello de la Xunta
Después de celebrar su primer aniversario, una cafetería y "patisserie" de Vigo abre su segundo local. Así celebrará su inauguración
Los usuarios y usuarias de las playas de Baiona podrán volver a bañarse en Ladeira y Santa Marta. Ambas vuelven a tener un agua "excelente"
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL