• Fiesta San Roque Vigo
  • Transformación Beiramar
  • Qué hacer en Vigo
  • Nueva plaza Vigo
  • Nuevo local en Vigo
  • Fiestas de Bouzas
  • Nigranjazz
  • Macroverbena
  • Playa de Arealonga
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, primeiro en editar un libro en mirandés

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
27/02/2023

Os concellos fronteirizos de Miranda do Douro e Vimioso, pertencentes ao distrito de Braganza, na rexión portuguesa de Tras-os-montes, gardan un tesouro milenario, o mirandés, unha lingua da familia asturleonesa con arredor de 4000 falantes e que, se nada cambia, corre serio risco de desaparición. “A este ritmo ou as administración portuguesas reaccionan ou o mirandés será unha lingua morta antes de 2040”. Así o advirte o catedrático Xosé-Henrique Costas no libro "Persente i futuro de la lhéngua mirandesa: Studo de ls usos, atitudes i cumpeténcias lhenguísticas", un estudo sociolingüístico que impulsou e coordinou e que acaba de saír á venda editado polo Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, institución que se converte así na primeira universidade en editar un libro en mirandés, “algo que non fixo ningunha institución de ensino superior”, salienta Costas.

A obra recolle os resultados dun estudo que arrancou en marzo de 2020, cando un equipo formado por unha ducia de alumnos e alumnas do Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios, dirixidos por Costas, realizaron en Miranda do Douro 315 enquisas sobre usos, actitudes, competencias e coñecementos lingüísticos da poboación mirandesa sobre a súa lingua propia e analizaron as 25.000 respostas. “A lingua mirandesa é un elemento identitario de primeira orde para as xentes de Miranda, aínda que ata hai pouco estaba considerada un signo de rusticidade e de atraso social. Esta consideración secular aínda pesa nas conciencias de non poucos mirandeses”, subliña o docente, director do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo.

Másnoticias

Trueno prende la chispa en Castrelos con un conciertazo a ritmo de rap, hip-hop y "tranky funky"

18/07/2025

Caballero lamenta el "maltrato a la educación pública" de Vigo tras dimitir la directiva del IES Valadares

18/07/2025

Lingua recoñecida en Portugal desde 1999

Recoñecido como lingua -mais non cooficial- en Portugal desde 1999, o mirandés conta cunha normativa propia, introdución como materia optativa na escola, rotulación pública (rúas, paneis informativos) e “unha excelente produción literaria e musical, con moi bos poetas, tradutores e grupos musicais para unha poboación falante tan reducida”, apunta o director do volume, ao tempo que explica que Portugal non asinou a Carta Europea para as Linguas Rexionais e Minoritarias do Consello de Europa ata o 7 de setembro de 2021 (cando España xa o fixera en 2002), e na actualidade está pendente de ratificar ese tratado internacional, o que daría pé á elaboración dunha nova Lei do Mirandés dirixida a revitalizar esta minoría lingüística, “sempre e cando isto viñese acompañado dun orzamento para un plan de choque dedicado á recuperación social e ao desenvolvemento da oficialidade do mirandés”. Segundo Costas, o espello onde se ten que mirar o mirandés é o aranés, a lingua occitana de 4000 falantes que é cooficial en Cataluña e de uso preferente no seu territorio, o Val de Arán.

Segundo se expón no libro, aínda que o 80% da poboación di que entende ben ou moi ben o mirandés e o 76% considera que o pode falar, o certo é que a lhéngua mirandesa está en grave perigo de desaparición porque entre a poboación en idade reprodutora (18-40 anos) e menor de idade (12-18 anos) o uso da lingua descendeu case nun 50%. Neste aspecto o coordinador do estudo fai fincapé en que “ningún menor fala mirandés na escola, onde a lingua de socialización e prestixio é o portugués e apenas un 5% de menores fala o mirandés, nomeadamente rapaces e só nas súas aldeas, con familia e veciños”.

Desde o punto de vista de Costas, as medidas tomadas ata agora polo goberno portugués foron “simple placebo, foguetería de artificio”, subliñando como exemplo a introdución na escola dunha materia optativa sen materiais nin capacitación do profesorado, certos usos rituais en datas sinaladas, así como usos folclóricos e culturais. “A introdución optativa do mirandés na escola conseguiu afincar competencias pasivas no alumnado e incrementar as actitudes positivas cara á lingua, pero non propiciou os usos escolares nin extraescolares”.

O libro pon sobre a mesa múltiples datos, entre eles, que hai un 10-15% de residentes en Miranda con actitudes moi negativas cara ao mirandés. O prototipo é o de muller, funcionaria, con estudos medios ou superiores e procedente doutros lugares de Portugal. “Estas persoas aínda consideran o mirandés como unha lingua de ignorantes e manteñen unha actitude moi centralista e supremacista”, recalca Costas. Outramente, un 80% da poboación identifícase totalmente coa lingua e desexaría a súa cooficialidade plena en todos os ámbitos (administración, xustiza, emprego, industria, comercio, ensino, sanidade, medios de comunicación etc.). As actitudes máis positivas danse entre a mocidade, precisamente na franxa de idade onde o uso é menor. A xuventude ve a lingua como un factor non só identitario senón comercial, turístico e economicamente revitalizador.

Brigada de la Lhéngua

Denominados como Brigada de la Lhéngua, o equipo de alumnas e alumnos que colaboraron co profesor Xosé-Henrique Costas na elaboración deste estudo estivo integrado por Julieta Insagaray, Marinha Paradelo, Abraham Álvarez, Aïcha Villaverde, Alejandro Solla, Ana Fernández Berrocal, Ángela Otero, Manuel Naveira, Montserrat Puíme, Natividade Villar, Sol Vilas e Teresa Rodríguez. Contouse ademais coa colaboración dos profesores Antón Vaamonde e Ricardo Luaces, do Departamento de Estatística Aplicada, que asesoran en todo o proceso do tratamento estatístico dos datos, e da directiva da Associaçon de la Lhéngua Mirandesa.

Temas: estudiomirandésUniversidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Trueno prende la chispa en Castrelos con un conciertazo a ritmo de rap, hip-hop y "tranky funky"

...

PorAlfredo Teja
18/07/2025
Enfoque

Caballero lamenta el "maltrato a la educación pública" de Vigo tras dimitir la directiva del IES Valadares

...

PorMetropolitano
18/07/2025
Enfoque

Detenido un hombre que reside en la Panificadora de Vigo tras agredir a su expareja

...

PorMetropolitanoy1 Otros
18/07/2025
Enfoque

El Casco Vello de Vigo suma un nuevo espacio 'delicatessen' para amantes del embutido

...

PorAlfredo Teja
18/07/2025
Enfoque

Investigadores do CIM logran por primeira vez no mundo criopreservar xuvenís de mexillón

PorMetropolitano
18/07/2025

Supón un fito no eido da acuicultura sustentable e podería reducir a dependencia dos bancos naturais

Comentarios 1

  1. Ajay Prasad, Docente de portugues, India says:
    Hace 2 años

    Acho muito importante o trabalho feito pela equipa Brigada de Lhengua. Para salvar essa lingua minoritoria as universidades de Portugal e da Galiza poderiam empreender tarefas como organizar cursos de verao, e editar publicacoes, preparar programas de radio e televisao, Claro que a Camara Municipal teria muito mais dever. E pertinente enfocar sobre essa situacao grave sem perder mais tempo.

    Responder

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

17jul(jul 17)20:00Festa da Vieira de CambadosFIESTA GASTRONÓMICA | CAMBADOS

23jul(jul 23)21:00Festival Entre Playas Sunset en BaionaFESTIVAL | GRATIS | BAIONA

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X