A Illa de Ons, un dos grandes emblemas culturais e medioambientais de Bueu, acolleu este luns o acto conmemorativo polo Día Mundial da Arquitectura, organizado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e o Concello de Bueu. A visita, cuxo obxectivo era informar sobre as diversas combinacións arquitectónicas deste espazo, estivo guiada polo arqueólogo Francisco Alonso, e nela participaron un total de 150 persoas. Manuel Abelleira, presidente da delegación de Pontevedra do COAG, destacou que “é preciso abrir unha reflexión sobre a acción do home no medio ambiente, e lograr a sostibilidade no mesmo”. Abelleira mostrouse agradecido por este novo acto que se celebra nun lugar de Bueu, xustamente dous anos despois do que tivera lugar na vivenda de La Roiba, en Beluso. Na mesma idea abondou Félix Juncal, alcalde da vila, quen destacou que “é preciso a cooperación de todas as institucións para que a nova sensibilidade no urbanismo sexa o instrumento de cara a conseguir o mundo mellor que desexamos, no que é moi importante a conservación e utilización polas persoas”.
A ruta comezou na igrexa, onde o arqueólogo fixo referencia a esa construción do barrio seguindo un modelo andaluz, para camiñar a continuación ata a praia de Canexol, onde as persoas asistentes puideron coñecer o xacemento arqueolóxico e aspectos relacionados coa construción singular das vivendas. Ao remate, os responsables da creación do proxecto do camping, explicaron que esta instalación se construíu segundo os conceptos de sostibilidade, e por iso toda a enerxía eléctrica é fotovoltaica, ademais de que a auga quente vén con captadores solares, e os materiais proveñen de madeiras autóctonas sen tratar. Un bo exemplo de como a sostibilidade e o urbanismo son compatibles.
Ao acto tamén asistiron outros concelleiros e concelleiras da corporación municipal, como Silvia Carballo, edil de promoción económica e turismo, Martín Villanueva, concelleiro de urbanismo, Teresa López, responsable de ensino e sanidade, Fidel Castro, de obras e servizos, Adrián Ferrer, de medio ambiente, Julio Villanueva, voceiro do grupo ACB-SON, ademais de Encarnación Rivas, Directora Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, e Maica Larriba, Subdelegada do Goberno en Pontevedra.
El sorteo de la Bonoloto dejó una pequeña alegría en Vigo. Un boleto sellado en un estanco de Coruxo tuvo un buen premio
El pan, la industria, la piedra y Antonio Palacios, protagonistas en el escudo y en la bandera de O Porriño que aprobó el Consello de la Xunta
Después de celebrar su primer aniversario, una cafetería y "patisserie" de Vigo abre su segundo local. Así celebrará su inauguración
Los usuarios y usuarias de las playas de Baiona podrán volver a bañarse en Ladeira y Santa Marta. Ambas vuelven a tener un agua "excelente"
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL