Por segundo ano consecutivo, os “Barbeiros Solidarios”, voltan á Praza do Seixo de Tomiño, onde o vindeiro domingo, celebrarán unha xornada de traballo en beneficio da asociación de persoas con discapacidade “Vontade”.
Unha trintena de profesionais da perruquería e barbería de toda España, achegaranse á vila para levar a cabo unha gran labor social; dende as 11:00 ata as 18:00 horas estarán a disposición de todas as persoas que o desexen para peitear, cortar o pelo, afeitar, amañar a barba, etc. por tan só 6 euros por servizo.
Este mediodía, presentaron a actividade en rolda de prensa a alcaldesa de Tomiño, Sandra González; o presidente de Vontade, Miguel Pazo e Anahíl González, do Espazo Vip peluquer@s, organizador do encontro.
Tanto a alcaldesa, coma o presidente de Vontade, agradeceron a labor da perruqueira Anahíl González, dos seus compañeiros de profesión, que chegarán de diferentes provincias españolas e galegas, costeándose eles mesmos os gastos de desprazamento e manutención.
A primeira edición, celebrada no mes de outubro do ano pasado, contou co apoio masivo da poboación de Tomiño e arredores, chegándose a atender a 325 persoas. Os organizadores esperan repetir o éxito acadado.
A xornada amenizarase con música en directo, coa Argonat Band e, para os máis cativos, haberá inchables e xogos tradicionais.
Este é un acto organizado por Espazo Vip peluquer@s no que contan coa colaboración do Concello de Tomiño, Hotel Nova Colina, Medavita, Casaita, Mahou, Tomipan Flor y Nata, entre outros.
El sorteo de la Bonoloto dejó una pequeña alegría en Vigo. Un boleto sellado en un estanco de Coruxo tuvo un buen premio
El pan, la industria, la piedra y Antonio Palacios, protagonistas en el escudo y en la bandera de O Porriño que aprobó el Consello de la Xunta
Después de celebrar su primer aniversario, una cafetería y "patisserie" de Vigo abre su segundo local. Así celebrará su inauguración
Los usuarios y usuarias de las playas de Baiona podrán volver a bañarse en Ladeira y Santa Marta. Ambas vuelven a tener un agua "excelente"
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL