• Chiringuitos Vigo
  • Chayanne Castrelos
  • Super 24 horas Vigo
  • Entradas Chayanne Vigo
  • The Champions Burger
  • Nuevo puente internacional
  • Festival Vigo
  • Mercado Vigo
  • Fiesta gastronómica
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Os escolares poñen nota aos videos musicais en inglés do alumnado da UVigo

Os escolares poñen nota aos videos musicais en inglés do alumnado da UVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
10/05/2023

Preto de 60 estudantes do CEIP A Xunqueira I exerceron este mércores como xurado dunha nova edición de "Univision", unha actividade na que, emulando o formato do concurso de talentos, nenos e nenas poñen nota aos vídeos musicais en inglés realizados polo alumnado da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.

Promovido pola profesora deste centro Inés Lareo, xunto coas docentes do colexio participante Carmen Quinteiro e Ana Isabel García, a este concurso concorrían 25 videoclips realizados por 50 estudantes da materia "Idioma estranxeiro: inglés", do Grao en Educación Infantil. Tras realizar na aula unha selección previa, nesta xornada proxectáronse na facultade os dez vídeos finalistas, que foron cualificados polos escolares.

Másnoticias

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

16/07/2026
O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

16/07/2026

As súas puntuacións determinaron nese senso que o primeiro premio neste "Univision 2023. Spring Edition" fose para Jessica Lemos, Carla Maneiro e Marta Freire, polo vídeo realizado coa canción de introdución da serie de animación "Phineas and Ferb", mentres que o segundo premio foi para Esther Rodríguez e Paula Vila, pola súa interpretación de "September", de Earth, Wind & Fire.

A diferencia de anteriores edicións, explica Lareo, a actividade centrouse desta volta nos videoclips, de tal xeito que se ben o alumnado tiña que cantar en inglés a peza escollida, debía tamén dar forma a unha “representación da canción” a través do vídeo. De feito, “os nenos avaliaron que puideran entender a canción a través do que facían nel", sendo este un dos criterios que determinaban a puntuación final, xunto á creatividade, ritmo, coordinación, vestiario, volume de son e voz, inclusión das novas tecnoloxías, uso de lingua de signos e o entusiasmo e linguaxe corporal.

“Son moi serios puntuando”, recoñecía Lareo do labor efectuado polo estudantado de sexto de educación infantil e de segundo de primaria deste colexio. De feito, tras cada un dos vídeos finalistas, proxectábanse as valoracións realizadas nas súas aulas polos escolares respecto dos diferentes elementos que tiñan que analizar de cada traballo.

Como unha “actividade positiva para todos” recoñecía Lareo unha iniciativa na que nenas e nenos “pásano en grande”, á vez que traballan na clase “o pensamento crítico e creativo”, como engadía Quinteiro, quen agradeceu ao alumnado da facultade “o esforzo que facedes para levar ás aulas proxectos creativos”. Por outra banda, Lareo incidiu tamén no interesante dunha actividade na que as universitarias e universitarios “tamén o pasan moi ben, aínda que leva certo traballo”, e que á súa vez permítelles enfrontarse a unha exposición en público, así como ter un contacto directo coa realidade das aulas.

Temas: Universidad de VigoUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo
Enfoque

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O Porriño toma medidas especiales por el "gran apagón" que afecta a toda España
Enfoque

"Hito histórico" para O Porriño, aprueban su escudo y su bandera con estos elementos

...

PorMiguel Alonso
21/07/2026
Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis
Enfoque

Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis

...

PorSara Rodríguez
21/07/2026
Baiona iza la bandera roja y prohíbe temporalmente el baño en dos de sus playas
Enfoque

Baiona quita la prohibición de bañarse en dos de sus playas, que vuelven a tener un agua "excelente"

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X