O Concello de Salceda está a acometer un Plan de Recuperación de Espazos Públicos naqueles puntos máis afectados polo vandalismo, que afecta sobre todo con pintadas e desperfectos nos murais con que o Concello ven decorando diferentes espazos.
Dous dos puntos máis afectados eran o espazo da Fonte das Carballas e o espazo do antigo matadoiro, onde comeza a Senda Francisco Estévez, no Río Landres. A posta en valor de ámbolos dous espazos levada a cabo polo Concello de Salceda nos últimos anos, destaca polos grandes murais que presiden as dúas áreas, e que chaman a atención de cantos ata alí se teñen achegado. Sen embargo, nos últimos meses os murais tiñan aparecido con diversos desperfectos que agora veñen de repararse, volvendo a lucir en todo o seu esplendor.
Dende o Concello de Salceda solicitan a colaboración da veciñanza na conservación dos espazos públicos, así como na denuncia dos casos de vandalismo dos que poidan ser coñecedores e coñecedoras.
Loli Castiñeira, concelleira de Turismo afirmou que “queremos que Salceda siga a lucir a súa mellor cara, e sigamos a ser referencia en toda a comarca como o estamos a ser ata o de agora. A colaboración cidadá resulta fundamental para seguir a ter a vila que soñamos e que entre todos e todas construímos”.
Vilagarcía ha anunciado que ya es posible bañarse con normalidad en la playa de Canelas. La Xunta desaconsejó temporalmente el baño en ella
Caballero destaca que Zona Franca de Vigo invertirá 90,9 millones en la ciudad con el impulso de importantes proyectos
Anuncian solicitarán el acceso a todos los expedientes de autorización de eventos públicos tramitados desde el 1 de enero
Una "ruta musical" por los chiringuitos de Vigo, la medida propuesta al Concello para el retorno de los conciertos gratuitos a estos espacios
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL