• Chiringuitos Vigo
  • Chayanne Castrelos
  • Super 24 horas Vigo
  • Entradas Chayanne Vigo
  • The Champions Burger
  • Nuevo puente internacional
  • Festival Vigo
  • Mercado Vigo
  • Fiesta gastronómica
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Os eucaliptos ocupan o 28% da superficie arborada de Galicia, segundo o inventario da UVigo e a USC

“Os terroristas son os que non fan cumprir a normativa”
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
02/06/2023

Galicia conta con preto de 1,5 millóns de hectáreas de superficie arborada, das que preto do 28%, 409.026, corresponden a plantacións de eucalipto e outras 619.561, o 42,5%, a outras especies da familia das frondosas, mentres que as coníferas representan o 29% restante, con 422.344 hectáreas. Estes son os principais datos extraídos do Inventario Forestal Continuo de Galicia, que investigadores das universidades de Vigo e Santiago de Compostela desenvolven ao abeiro dun convenio de colaboración coa Xunta de Galicia e do que este venres se presentaron os primeiros resultados nunha xornada en Santiago.

Froito do convenio asinado en 2020 pola Consellería do Medio Rural e as dúas universidades, renovado en 2023, o obxectivo deste Inventario Forestal Continuo é achegar unha información precisa e actualizada tanto da cantidade de madeira presente nos montes da comunidade como da súa calidade. Con ese obxectivo, investigadores e investigadoras da Escola de Enxeñaría Forestal traballaron no desenvolvemento de sistemas capaces de identificar e caracterizar, de forma automatizada, diferentes tipos de plantacións e superficies forestais a partir de imaxes por satélite.

Másnoticias

Comer aquí es un placer, los cuatro restaurantes de Galicia que acaba de distinguir la Guía Michelin

Comer aquí es un placer, los cuatro restaurantes de Galicia que acaba de distinguir la Guía Michelin

19/07/2026
Un rayo revienta el suministro eléctrico de una casa en Salceda

Activada la alerta amarilla por fuertes tormentas en 60 concellos de Galicia

19/07/2026

A metodoloxía desenvolvida no centro do campus pontevedrés permitiu xerar unha cartografía forestal de alta resolución coa que diferenciar usos e especies en cada parcela, que se combina á súa vez cun traballo con fontes cartográficas de media resolución, que fan posible una análise multitemporal coa que detectar cortas ou masas de arborado en rexenaración. Por outra banda, a estes traballos engádense os modelos de estimación de variables como o volume de madeira existente que desenvolven os investigadores da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC.

Os diferentes traballos realizados, xunto aos primeiros datos obtidos, foron abordados nunha xornada inaugurada polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e clausurada polo conselleiro do Medio Rural, José González. En primeiro termo, a profesora da EE Forestal Julia Armesto e a investigadora Laura Alonso presentaron a metodoloxía para a creación do mapa forestal de media resolución, mentres que o tamén investigador da escola Andrés Rodríguez Dorna abordou a metodoloxía desenvolvida para a creación do “mapa de restricións técnico-legais”.

A continuación, Armesto e Ana Solares deron a coñecer o mapa de combustibles realizado do distrito forestal XVIII (Vigo-Baixo Miño), mentres que o director da EE Forestal, Juan Picos, foi o encargado de infromar das primeiras cifras extraídas deste inventario, á vez que incidiu tamén nos principais datos do que supón este sector para Galicia, completándose a xornada coa diagnose da situación actual das masas de frondosas caducifolias realizada polo investigador da USC Roque Rodríguez.

Superficie afectada por incendios

Segundo os datos feitos públicos nesta xornada, diferentes especies da familia das frondosas, como carballos ou castiñeiros, ocupan un total de 619.561 hectáreas, sen contar as plantacións de eucaliptos, que supoñen outras 409.026 hectáreas. Neste punto, Picos destacou na súa presentación que case un terzo da superficie que ocupan as diferentes especies de eucalipto, preto de 136.000 hectáreas, presenta dificultades para o seu aproveitamento, por atoparse en espazos da Rede Natura, ter un difícil acceso ou ser parcelas de pequeno tamaño. O investigador aludiu tamén ao incremento da superficie que ocupan as frondosas, que vinculou ao sistema de medición deste inventario e á evolución á alza destas especies. Por outra banda, no referido á familia das coníferas, da que forman parte árbores como o piñeiro, estas representan un total de 422.344 hectáreas.

Desta superficie, os incendios forestais rexistrados o pasado ano afectaron a un total de 14.564 hectáreas, 9167 de coníferas, 4263 de frondosas e 1133 de eucaliptos. Por outra banda, as talas realizadas ao longo de 2022 abrangueron un total de 28.765 hectáreas, das que 13.657 correspóndense a coníferas, 12.953 a eucalipto e 2.154 a outras frondosas.

Unha ferramenta que supón “un antes e un despois”

Na intervención de apertura desta xornada, o presidente da Xunta destacou o papel deste inventario continuo como unha “ferramenta fundamental” para o crecemento de todo o sector forestal-madeira e a súa “continuidade do tempo”. Alfonso Rueda lembrou que, no seu conxunto, esta iniciativa supuxo un investimento de máis de tres millóns de euros, sumando tanto o financiamento achegado a través do convenio coas universidades como os fondos destinados ás “distintas ferramentas necesarias para a súa correcta elaboración”.

Nese senso, o presidente salientou que se trata dun “instrumento de control e planificación básico”, tanto para a propia administración como para todos os actores desta industria, que supón “un antes e un despois para o sector”, xa que permite “coñecer de maneira exacta que madeira temos e cal é a súa calidade e dispoñibilidade”. Este inventario, lembrou, permite un cálculo preciso da superficie que ocupan as diferentes especies e cuantificar a súa dispoñibilidade, á vez que contempla tamén variables como a pendente da parcela, a distancia á que se atopa das pistas forestais ou a fragmentación das masas forestais.

Por outra banda, o presidente galego tamén puxo o foco na importancia da cadea monte-industria para Galicia. Este sector, lembrou, supón o 1,8% do PIB da comunidade e xera arredor do 12% do emprego industrial. Cun aproveitamento anual de preto de dez millóns de metros cúbicos de madeira, o 50% da producida no conxunto de España, a industria forestal e da madeira logrou en 2021 unha facturación conxunta de 2578 millóns de euros, a cifra máis elevada desde 2006.

Temas: eucalyptusGaliciaUniversidad de VigoUniversidade de VigoUSCUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Un detenido por desobediencia y resistencia antes de la salida de manifestación del metal en Vigo
Enfoque

Orden judicial para indemnizar con 21.500 euros a policía herido en las protestas del metal en Vigo

...

PorPaula Carballo
21/07/2026
Contratiempo en una playa de las Rías Baixas, Vilagarcía desaconseja el baño en uno de sus arenales
Enfoque

Levantada la restricción en la playa de las Rías Baixas que la Xunta desaconsejaba el baño

...

PorEuropa Pressy1 Otros
21/07/2026
Zona Franca de Vigo aprueba sus presupuestos para el 2027, con inversiones millonarias en la ciudad
Enfoque

Zona Franca de Vigo aprueba sus presupuestos para el 2027, con inversiones millonarias en la ciudad

...

PorMetropolitanoy1 Otros
21/07/2026
El BNG pide declarar Vigo como "ciudad saturada de pisos turísticos" e imponer una tasa municipal
Enfoque

El BNG exige al Concello de Vigo el fin del "acoso administrativo" a eventos culturales de la ciudad

...

PorUxía Pérez
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X