Nemesio Castro é memoria viva do Rosal. El, como din no concello, “é un pequeno gran home”. O veciño é parte do legado do municipio, xa que é o dono dos últimos muíños activos do Folón e do Picón. O Concello uniu forzas con el, o seu fillo Lorenzo e o artista José Luís Rodríguez para renovar un dos muíños de Nemesio, o Muíño da Ferra, e recuperar así, o legado dunhas edificacións que definen a identidade e historia do Rosal.
“Queremos manter viva a nosa tradición e facer que as novas xeracións aprendan a forma de vida dos rosaleiros e rosaleiras de antes”, destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández. Para a renovación do muíño o Concello correu cos custos, mentres que Nemesio, Lorenzo e José Luís traballaron man a man para crear as pezas da maneira tradicional e facer que o muíño xire como nos vellos tempos.
Instalaron unha nova xateira, unha das pezas máis importantes da maquinaria dun muíño, pois é a que o pon en funcionamento. Vai adaptada no que se chama cubo, e alí reten a auga facendo que colla a presión necesaria para propulsala ata o reducio, peza que pon en marcha a pedra para trillar o millo. Tamén se instalou un pexadoiro, peza feita de casqueiro verde e que ten a función de cortar a auga para que o muíño deixe de funcionar, e unha moega, lugar onde se alberga o millo durante o proceso do produto final.
A alcaldesa pon en valor “o gran traballo de Nemesio para preservar o noso legado”, ao tempo que destaca a importancia do labor de Lorenzo e José Luís para axudalo. “O interese de persoas novas como eles é moi importante para que o noso pasado tamén sexa presente e futuro”, conclúe Ánxela Fernández. A rexedora tamén quere lembrar que as persoas interesadas en coñecer a historia de Nemesio Castro poden facelo a través da web que o Concello lle adica á memoria viva das nosas veciñas e veciños (premer aquí).
Los usuarios y usuarias de las playas de Baiona podrán volver a bañarse en Ladeira y Santa Marta. Ambas vuelven a tener un agua "excelente"
La vicepresidenta de la Diputación Luisa Sánchez destaca que la nueva imagen de Pintor Colmeiro ya está lista para que Vigo la disfrute
El policía fue alcanzado por un petardo, que le impactaría en el pie derecho, por lo que tuvo que ser atendido en urgencias
Vilagarcía ha anunciado que ya es posible bañarse con normalidad en la playa de Canelas. La Xunta desaconsejó temporalmente el baño en ella
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL