• Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Nuevo puente internacional
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
  • Playas Baiona
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Os retos e oportunidades da intelixencia artificial para a docencia universitaria

Os retos e oportunidades da intelixencia artificial para a docencia universitaria
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
01/07/2025

Analizar como as universidades españolas poden afrontar os desafíos e oportunidades que, no ámbito do ensino superior, trouxo consigo a irrupción da intelixencia artificial xerativa é o obxectivo central do proxecto Edu-Ina, no que participan unha trintena de investigadores e investigadoras de seis universidades españolas, entre as que se atopa a UVigo. A sede da Vicerreitoría do campus de Pontevedra acolle nestas xornadas unha das reunións de traballo deste proxecto liderado pola Universitat Autónoma de Barcelona e financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. Esta investigación pon o foco tanto nas políticas que están a desenvolver as institucións académicas neste eido como nas iniciativas impulsadas polo profesorado para incorporar á súa docencia a intelixencia artificial xerativa, aquela que crea contido orixinal de forma autónoma a partir de patróns aprendidos de grandes volumes de datos.

“As dúas claves deste proxecto pivotan arredor do que se está a facer a nivel de xestión universitaria e de dar visibilidade a esas boas prácticas que se están desenvolvendo na docencia”, sinala o profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Abraham Bernárdez, membro do equipo investigador de Edu-Ina (Políticas y prácticas sobre la inteligencia artificial generativa en la educación universitaria). Cristina Mercader e Aleix Barrera-Corominas, da UAB, son os investigadores principais dun proxecto que reúne docentes das universidades de Granada, León, Oberta de Catalunya e Complutense de Madrid, así como da UAB e da UVigo, contando tamén coa participación da Mondragon Unibertsitatea como entidade colaboradora.

Másnoticias

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

16/07/2026
O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

16/07/2026

Xunto a Bernárdez, investigador do grupo Ritme, a UVigo está representada neste proxecto pola tamén docente de Ciencias da Educación e do Deporte Martina Ares, a profesora da Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra Claudia González e a investigadora predoutoral Manuela Ordoñez, á vez que contan coa colaboración de Ana Parada, da USC.

Dúas liñas de análise

O equipo investigador deste proxecto, iniciado en setembro de 2024, reúnense desde este luns na Casa das Campás para afondar “nos diferentes obxectivos que se están desenvolvendo e os pasos que hai que continuar dando”, sinala Bernárdez. Centrado en coñecer en como a universidade pode facer fronte ás transformacións que están a supor ferramentas como ChatGPT nos procesos de aprendizaxe ou no tipo de tarefas que propor ao alumnado, Edu-Ina comprende por unha banda a análise das prácticas educativas que fan uso da intelixencia artificial xerativa. A idea, explica o investigador da UVigo, é coñecer “que tipo de prácticas” está a levar a cabo o profesorado con este tipo de ferramentas e que elementos é preciso “ter en conta” para que o seu uso poida contribuír á formación do estudantado. Co obxectivo de obter “unha panorámica xeral” neste eido, realizaron un cuestionario sobre os usos, coñecemento e posicionamento do profesorado das diferentes universidades sociais, que á súa vez van servir tamén “para detectar eses docentes clave nos que temos que fixarnos”, apunta Bernárdez.

O outro eixe de Edu-Ina son as actuacións das institucións académicas e nel insírense obxectivos como analizar os discursos e a opinión sobre a incorporación da intelixencia artificial xerativa das e dos responsables académicos, así como describir as políticas e estratexias que están a levar a cabo as universidades. Neste ámbito promovéronse grupos de discusión nas diferentes entidades sociais, como o que tivo lugar hai unhas semanas no campus pontevedrés, e que levarán a unha “análise do discurso” de carácter cualitativo, á que se suma a revisións de plans de estudo ou dos plans estratéxicos das institucións académicas. De feito, un dos propósitos dun proxecto que se estenderá ata 2027 é o deseño dunha folla de ruta para axudar ás universidades a implantar a intelixencia artificial xerativa dun xeito eficiente.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo
Enfoque

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O Porriño toma medidas especiales por el "gran apagón" que afecta a toda España
Enfoque

"Hito histórico" para O Porriño, aprueban su escudo y su bandera con estos elementos

...

PorMiguel Alonso
21/07/2026
Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis
Enfoque

Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis

...

PorSara Rodríguez
21/07/2026
Baiona iza la bandera roja y prohíbe temporalmente el baño en dos de sus playas
Enfoque

Baiona quita la prohibición de bañarse en dos de sus playas, que vuelven a tener un agua "excelente"

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X