O Bloque Nacionalista Galego demandou esta mañá en Vigo avances na recuperación da memoria democrática e antifascista da cidade. A fronte nacionalista fixo un chamamento a defender con firmeza as liberdades democráticas fronte a ofensiva de forzas da “dereita reaccionaria e ultraespañolista”. Así o afirmou o portavoz municipal do BNG na cidade olívica, Xabier P. Igrexas, na súa intervención no acto de presentación do manifesto "Vigo, cidade antifascista” promovido polo colectivo social Vigo Antifascista, e do que é asinante canda decenas de activistas, intelectuais e representantes de diversas organizacións e movementos sociais.
No acto, decorrido ás 12 da mañá ao pé da cruz franquista do Castro, e que contou coa lectura dun poema polo escritor Xose María A. Cáccamo e a intervención do portavoz de Vigo Antifascista, Xavier Moreda, Igrexas salientou a “importancia e necesidade” de iniciativas como o manifesto antifascista. “A memoria non é cousa do pasado, é soporte da nosa identidade. Somos porque fomos, e grazas a que lembramos o que outros foron”, explicou.
O edil nacionalista reivindicou o contributo do nacionalismo galego á causa antifascista e á loita polas liberdades democráticas e a xustiza social. "Desde o galeguismo histórico até o nacionalismo galego contemporáneo, de Alexandre Bóveda a Moncho Reboiras, foron millares os e as patriotas galegas que loitaron fronte a ditadura, que padeceron a brutal represión, a clandestinidade ou o exilio. Elas e eles abriron o camiño do que non nos imos apear”, acrecentou.
O portavoz municipal nacionalista advertiu de que, “infelizmente a loita antifascista sigue vixente” diante da ameaza que representa o avance de forzas “reaccionarias de dereita ultraespañolista”. A este respeito, apuntou que, “malia que hoxe se presenten con formas e maneiras máis sutís, ou con discursos disfrazados, o novo fascismo mantén o seu carácter antisocial, antiobreiro e españolista, contrario á pluralidade e á diversidade e que pretende negar o dereito do pobo galego a sermos e existirmos como nación libre e soberana".
“Mal que lle pese a Abel Caballero esta cruz franquista do Castro, construída pola ditadura e inaugurada polo ditador na daquela chamada praza da División Azul, ten data de caducidade. É un monumento que ofende a memoria de quen loitou pola liberdade e contra o fascismo, e máis cedo que tarde será derrubada", defendeu Igrexas na súa intervención.
Desde o Bloque lembran que foron durante anos a única forza política da Corporación Municipal que esixiu a retirada da cruz e que se opuxo en 2014 a que o Goberno municipal de Caballero recorrese a sentenza que ordenaba o seu derrube.
La vicepresidenta de la Diputación Luisa Sánchez destaca que la nueva imagen de Pintor Colmeiro ya está lista para que Vigo la disfrute
El policía fue alcanzado por un petardo, que le impactaría en el pie derecho, por lo que tuvo que ser atendido en urgencias
Vilagarcía ha anunciado que ya es posible bañarse con normalidad en la playa de Canelas. La Xunta desaconsejó temporalmente el baño en ella
Caballero destaca que Zona Franca de Vigo invertirá 90,9 millones en la ciudad con el impulso de importantes proyectos
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL