O BNG vén de instar ao Goberno español, concretamente o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a opoñerse ao novo recheo portuario no Berbés impulsado polo presidente da autoridade portuaria, Enrique López Veiga. A solicitude apoiase na consideración de que carece xustificación e no caso de se materializar, constituiría “unha nova agresión ambiental a un ecosistema tan valioso como a Ría de Vigo”.
O deputado Néstor Rego trasladou ao Congreso as advertencias do BNG en Vigo que alertan de que a Autoridade Portuaria de Vigo está deseñando novos recheos na ría coa escusa de conseguir máis superficie para desenvolver a actividade portuaria, aínda que “estas obras afectarían negativamente aos sectores do mar (pesca artesanal, marisqueo, mexilloeiro, etc), turismo e á calidade ambiental da ría e dos seus habitantes” subliñou o deputado.
Relacionado: El nuevo relleno del Puerto de Vigo acabará con la vista del mar desde el Auditorio
O portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, destacou que por causa desta “práctica depredadora”, perdéronse os mellores bancos marisqueiros e de pesca, causando a perda de milleiros de postos de traballo e un dano irreversíbel ao ecosistema. “O tempo dos recheos na ría de Vigo rematou” enfatizou.
O BNG non ve preciso seguir ocupando a lámina de auga con novos recheos. A proposta dos nacionalistas para que o porto de Vigo siga sendo competitivo e poda mellorar a súa actividade, pasa por pór en funcionamento o porto seco de Salvaterra-As Neves (PLISAN) cunha liña de ferrocarril que axilice o tránsito de mercadorías entre ambas plataformas portuarias, que potencie o desenvolvemento industrial da provincia de Pontevedra conectando os demais polígonos do interior e modernizando a liña que conecta con Ourense polo Miño.
Pérez Igrexas salientou de que estes proxectos que se promoven sen contar co máis mínimo apoio social e sen o consenso do Concello de Vigo nin de ningún outro actor, quérense impulsar a pesar de que a Autoridade Portuaria carece dunha Delimitación de Espazos e Usos Portuarios nin dun Plan Especial en vigor, documentos estratéxicos e imprescindíbeis para definir e racionalizar a utilización da superficie portuaria.
Vilagarcía ha anunciado que ya es posible bañarse con normalidad en la playa de Canelas. La Xunta desaconsejó temporalmente el baño en ella
Caballero destaca que Zona Franca de Vigo invertirá 90,9 millones en la ciudad con el impulso de importantes proyectos
Anuncian solicitarán el acceso a todos los expedientes de autorización de eventos públicos tramitados desde el 1 de enero
Una "ruta musical" por los chiringuitos de Vigo, la medida propuesta al Concello para el retorno de los conciertos gratuitos a estos espacios
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL