• Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Nuevo puente internacional
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
  • Playas Baiona
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Premios Egeria 2025: tres teses, un TFM e dous TFG comprometidos coa igualdade

Premios Egeria 2025: tres teses, un TFM e dous TFG comprometidos coa igualdade
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

Carlos I. CastrillónPorCarlos I. Castrillón
23/01/2026

Xa está todo listo para a entrega dos Premios Egeria 2025, galardóns cos que a Universidade de Vigo premia cada ano a aqueles alumnos e alumnas que realizan os seus Traballos Fin de Grao, Fin de Mestrado e teses de doutoramento tendo en conta a inclusión da perspectiva de xénero. A cita será o vindeiro mércores coincidindo coa celebración de San Tomé de Aquino, patrón da Universidade, e nela coincidirán os seis estudantes premiados nesta edición: Clara Sánchez Vázquez, Mª del Carmen Costas Ferreira e Nazaret Blanco Pardo, gañadoras na categoría de teses; Sara Nieto Fernández, na de Traballo Fin de Mestrado, e Ángel Manuel Vieites Rúa e Carla Nava Prol, en Traballos Fin de Grao.

Infrarrepresentación das mulleres na prensa

Na categoría de teses de doutoramento, galardóns dotados cunha contía de 1000 euros para cada unha das investigacións premiadas, a que obtivo unha maior puntuación foi a realizada por Clara Sánchez Vázquez, autora dunha investigación sobre a representación e o papel das mulleres nos xornais galegos La Voz de Galicia e Faro de Vigo entre 2010 e 2020, desde unha perspectiva de xénero, tese defendida na Facultade de Comunicación o pasado mes de setembro.

Másnoticias

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

16/07/2026
O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

16/07/2026

Tras analizar en detalle máis de 3000 pezas informativas e 5000 suxeitos informativos, a autora avalía nesta investigación os roles das mulleres como protagonistas das noticias e como autoras. Os resultados revelan unha clara infrarrepresentación das mulleres como suxeitos informativos, así como unha forte segregación vertical e horizontal no desempeño profesional das mulleres nos medios. “A estrutura mediática galega mantén un marcado androcentrismo, reproducindo estereotipos e desigualdades”, indica a investigadora, ao tempo que fai fincapé en que esta situación contrasta coas conquistas sociais das mulleres e cos avances promovidos polos movementos feministas.

As outras dúas teses premiadas son as realizadas pola investigadora Mª Carmen Costas Ferreira, un estudo no que se analizan os efectos neurotóxicos do glifosato e da súa formulación comercial Roundup® no estriado de ratas femias adultas, incorporando unha perspectiva de xénero para visibilizar a fisioloxía feminina na investigación preclínica; e a de Nazaret Blanco Pardo, sobre cisheteronormatividade, etnocentrismo, idadismo e prácticas de outredade en adolescentes.

Álbum ilustrado sobre 'Elisa e Marcela' para fomentar a igualdade

Na categoría Traballos Fin de Mestrado, dotados con 600 euros, o galardón foi para Elisa e Marcela, proxecto realizado pola deseñadora e ilustradora Sara Nieto Fernández, egresada do Máster en Dirección de Arte e Publicidade. Neste caso a autora propón a creación dun álbum ilustrado infantil comprometido coa diversidade, a igualdade e a educación en valores desde idades temperás. O obxectivo principal é ofrecer un recurso didáctico que visibilice a diversidade afectivo-sexual e recupere referentes históricos silenciados. A obra parte da historia real de Elisa e Marcela, protagonistas do primeiro matrimonio entre dúas mulleres en Galicia en 1901, nun contexto social conservador. A través desta narrativa, búscase honrar a súa memoria e achegar á infancia unha realidade que segue vixente, promovendo respecto e inclusión.

O formato de álbum ilustrado destaca polo seu potencial pedagóxico para tratar temas complexos de forma accesible e emocionalmente próxima. O proxecto persegue, tal e como explica a súa autora, tres metas principais: divulgar a historia desde unha perspectiva histórica, crear unha narrativa adaptada ao público infantil e fomentar a educación en diversidade sexual como ferramenta para a igualdade. “Este premio é para min un orgullo. Dar visibilidade a temas moitas veces silenciados sempre é necesario”, explica Nieto, ao que engade que con este traballo só agarda poder achegar o seu pequeno “gran de area cara este colectivo, axudando a fomentar o respecto, a diversidade e a igualdade desde a infancia”.

Xénero e arte rupestre: reinterpretando o pasado

No que respecta aos Traballos Fin de Grao, premiados con 500 euros, a maior puntuación foi para Ángel Manuel Vieites Rúa, do Grao en Xeografía e Historia, por un proxecto no que analiza a arte rupestre na Prehistoria recente peninsular desde unha perspectiva crítica de xénero. O autor parte dunha revisión historiográfica e teórica das Arqueoloxías de Xénero para cuestionar os nesgos androcéntricos e sexistas presentes nas interpretacións tradicionais e na práctica arqueolóxica. Examínanse as principais tradicións rupestres —Levantina, Macroesquemática, Esquemática e Atlántica— para identificar como se constrúen as identidades de xénero e o papel das mulleres e outros suxeitos subalternizados.

A investigación combina análise iconográfica con metodoloxías recentes e reflexiona sobre a linguaxe, os silencios historiográficos e a invisibilización das investigadoras, realizando, ao tempo, unha revisión sistemática de estudos clave, destacando achegas femininas no ámbito da Arte Rupestre do Noroeste. Proponse, así, “unha reinterpretación do pasado prehistórico que supere paradigmas patriarcais, apostando por unha Arqueoloxía inclusiva e plural”.

“O Premio Egeria supón para min un recoñecemento enorme ao traballo realizado ao longo destes meses, pero tamén unha meta superada para o Ángel de primeiro curso que sen dúbida non esperaba chegar tan arriba”, salienta Vieites, quen lembra a súa primeira clase do grao, Introdución á etnoloxía, con Beatriz Comendador e Andrea Mouriño como docentes, quen me inspiraron dende o primeiro momento a acadar todo o que me propuxera e son elas as mesmas que dirixiron o meu traballo e me apoiaron tanto en todos os pasos dados”. Desde o seu punto de vista, “a perspectiva de xénero debe ser algo transversal en todos os estudos e non un caixón estanco ou illado”, recalca o alumno, matriculado agora no Máster en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural da Universidade de Vigo, onde busca especializarse nesta rama e seguir traballando nas liñas de investigación “que tanto me apaixonan”.

Xunto a este traballo galardouse tamén o TFG de Carla Nava Prol, egresada do Grao en Dereito, traballo no que analizou o impacto do populismo punitivo nas reformas penais sobre a violencia de xénero en España, centrando a atención na Lei Orgánica 10/2022 e na súa modificación pola Lei Orgánica 4/2023, normas aprobadas baixo forte presión social e mediática.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo
Enfoque

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O Porriño toma medidas especiales por el "gran apagón" que afecta a toda España
Enfoque

"Hito histórico" para O Porriño, aprueban su escudo y su bandera con estos elementos

...

PorMiguel Alonso
21/07/2026
Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis
Enfoque

Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis

...

PorSara Rodríguez
21/07/2026
Baiona iza la bandera roja y prohíbe temporalmente el baño en dos de sus playas
Enfoque

Baiona quita la prohibición de bañarse en dos de sus playas, que vuelven a tener un agua "excelente"

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X