O Bloque Nacionalista Galego propón que o Concello de Vigo se dote dunha empresa pública municipal desde a que xestionar o estacionamento da cidade. A fronte nacionalista defende a xestión pública para evitar novos “fiascos” como os dos aparcamentos de Coia e Jenaro de la Fuente polos que agora o Concello ten que aboar indemnizacións millonarias.
O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, sostén que a indemnización por importe de 7,5 millóns de euros ás empresas que xestionaban eses dous aparcamentos soterrados, demostra que o “o modelo de concesión privada para xestionar aparcamentos demostrouse ineficiente e ruinoso para a cidade. É un modelo fracasado e do pasado que cómpre superar”.
A este respeito, Igrexas defendeu que “non abonda con laiarse das consecuencias deste modelo, senón en tomar decisións para evitar que estas situacións volvan producirse”. Con ese obxectivo propoñen a constitución dunha empresa municipal desde a que asumir a xestión integral do estacionamento da cidade, incluíndo tanto os aparcamentos soterrados como a XER.
“O alcalde cualificou onte de ‘fiasco’ situacións como a dos parkings de Coia e Jenaro de la Fuente e desde o BNG o que lle dicimos é que é momento de adoptar medidas audaces que poñan fin a este modelo ruinoso que só beneficia a grandes empresas, facendo que un servizo público se xestione desde o público”, remachou.
El sorteo de la Bonoloto dejó una pequeña alegría en Vigo. Un boleto sellado en un estanco de Coruxo tuvo un buen premio
El pan, la industria, la piedra y Antonio Palacios, protagonistas en el escudo y en la bandera de O Porriño que aprobó el Consello de la Xunta
Después de celebrar su primer aniversario, una cafetería y "patisserie" de Vigo abre su segundo local. Así celebrará su inauguración
Los usuarios y usuarias de las playas de Baiona podrán volver a bañarse en Ladeira y Santa Marta. Ambas vuelven a tener un agua "excelente"
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL