Protesta esta tarde na Escola Municipal de Artes e Oficios. Un dos símbolos da cidade, que mesmo inspirou a Domingo Villar na súa última novela “O último barco", está sen mestres. Así o denuncia unha parte do alumnado, que convoca para ás 20:00 horas unha concentración “en defensa dos dereitos das alumnas e alumnos” e instan ao Concello de Vigo á “contratación de mestres de taller”.
O cartel da reivindicación é claro. Destaca o longo e glorioso pasado da EMAO, un centro que vén de celebrar unha serie de actos para conmemorar os seus 130 anos formando parte de Vigo. O problema reside no presente, nun presente no que non hai mestres en todos os talleres. De feito, o comezo das clases nas especialidades de Pintura, Debuxo Artístico, Ourivaría, Moda e Confección e Serigrafía artística está pendente da realización dos procesos para a selección do profesorado das mesmas.
No comunicado emitido pola EMAO ao alumnado sinalase que o proceso selectivo de mestres para Pintura, Debuxo artístico, Ourivaría, Moda e Confección e Serigrafía artística iniciase coa publicación no Boletín Oficial de Pontevedra do pasado 25 de setembro cando os contratos dos profesores remataban o día 13. Con isto, destacan que “é previsible que as probas correspondentes teñan lugar a partir da terceira semana de outubro, co que a previsión do inicio das clases nestas especialidades, co profesorado incorporado, sería a finais do vindeiro mes de novembro. O resto das especialidades comezaron o curso con normalidade o 1 de outubro.
O alumnado protesta. Apunta que o Concello de Vigo “non respecta os dereitos dos cidadás matriculados” na Escola Municipal de Artes e Oficios e denuncia que o goberno local “adoita deixar sen cubrir as prazas vacantes dos mestres en situacións previsibles de baixas prolongadas” como pode ser por maternidade, xubilacións ou convocatoria de bolsas de traballo.
As e os estudantes da EMAO protestar de que se ven privados da formación durante longos períodos de tempo e sosteñen que non reciben ningunha explicación dende o Concello. O alumnado esixe á Corporación municipal listas de contratación permanentes para substitucións en ausencias ou baixas de profesores, recuperación das horas perdidas nos casos que se produzan, evitar a suspensión de clases e unha maior axilidade e puntualidade nas convocatorias.
La Xunta licita la obra de construcción de este singular edificio en Vigo que se destinará a 80 alojamientos compartidos para jóvenes
Un puente internacional (y peatonal) entre Galicia y Portugal, la Diputación de Pontevedra capta fondos europeos para realizar esta gran obra
Aparcar gratis en Nigrán es posible, el Concello estrena un nuevo parking público con más de 100 plazas de estacionamiento
El alcalde de Vilanova interpuso una denuncia en dependencias policiales. Por el momento, se desconocen más detalles de lo sucedido
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL