• Casa rural Vigo
  • Festival Pizza Cerveira
  • Qué hacer en Vigo
  • Nueva tienda Vigo
  • La Vuelta protestas Palestina
  • Festivos Vigo 2026
  • Multas Vigo ZBE
  • Tráfico en Vigo
  • Fiesta Cangas
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Redondela tamén deixa a súa pegada en Fitur 2022

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
20/01/2022

“Redondela está de moda” afirmou hoxe a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, que acompañada pola concelleira de Turismo, María Castro, participou na presentación da oferta turística do municipio no marco da Feira Internacional de Turismo, Fitur 2022.

A alcaldesa, que mantivo contactos con profesionais do sector turístico, salientou o “interese que espertou a oferta turística do municipio que sorprendeu tanto pola súa cantidade como pola súa calidade”. Durante a súa estancia en Fitur 2022, Digna Rivas mantivo tamén un encontro coa ministra de Turismo, Reyes Maroto, e o secretario de Estado para o Turismo, Fernando Valdés, no que a rexedora local aproveitou para darlles cumprida información sobre Redondela e a súa importancia no turismo das Rias Baixas.

Másnoticias

Salvaterra da un paso para 'revolucionar' uno de sus grandes reclamos turísticos

08/09/2025
La alcaldesa de Redondela, Digna Rivas // ARCHIVO

Redondela presume de situación económica saneada al "no gastar por encima de sus posibilidades"

06/09/2025

Digna Rivas puxo de relevo a capacidade de Redondela “de ofertar non só beleza natural e paisaxística, senón patrimonial, histórica e cultural”. “As tendencias turísticas e as demandas do público teñen variado nos últimos tempos”, asegurou a alcaldesa quen incidiu sobre o feito de que un gran número de persoas “relegan a un segundo plano o tradicional turismo de sol e praias e se decantan polo turismo natural ou polo descubrimento dun turismo patrimonial e histórico no que Redondela ten moito que ofrecer”.

Redondela, que acude a esta cita –unha das máis importantes de Europa e cita obrigada para os turoperadores e profesionais do turismo– dentro do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, levou ata Fitur 2022 numeroso material que fai un repaso visual, rápido pero detallado, por todos os elementos distintivos do municipio.

A Festa da Coca, declarada de Interese Turístico de Galicia, coas espectaculares Danza das Espadas e Danza das Penlas; a excelencia gastronómica da Festa do Choco que, ano tras ano, pon en valor un choco autóctono da enseada de San Simón; o Festival Internacional de Títeres, de recoñecido prestixio dentro e fora das nosas fronteiras, o Festival ArteLixo, que cada ano conta cunha maior sona, o Festival de Artistas de Rúa; os tradicionais Maios ou a Festa dos Fachos, son unha boa mostra do que Redondela oferta en cultura, gastronomía, arte e tradición.

A estes atractivos innegables, sumábase abundante información sobre a potencialidade do municipio redondelán en patrimonio artístico e cultural, aspecto no que o Goberno local traballa arreo para a súa rehabilitación e posta en valor. Cemiterio de Eidos, Fonte de Santiago ou Fonte da Raíña, todos eles recentemente recuperados, son tan só unha pequena mostra dos numerosos atractivos cos que conta Redondela neste eido.

Doutra banda, a cultura castrexa co castro de Negros como elementos destacado , os petroglifos da área de Monte Penide ou da Poza da Lagoa en Trasmañó, únense ao Centro de Interpretación da Batalla e Patrimonio de Rande á hora de achegar ás e aos visitantes, fragmentos da historia de Redondela da importancia que o municipio tivo ao longo dos tempos. Espertou un grande interese entre as e os profesionais turísticos, o feito de que Redondela fose punto de confluencia do Camiño Portugués e Camiño Portugués pola Costa (este último o que maior crecemento ten de todas as rutas xacobeas) o que supón un fluxo constante de persoas.

Nese sentido, Digna Rivas lembrou o traballo que se está a desenvolver dende a Concellería de Turismo para que as e os peregrinos que percorren a ruta xacobea “non só pasen por Redondela, senón que se deteñan no municipio, pernocten e teñan a oportunidade de coñecer máis a fondo non so a nosa riqueza cultural, artística e patrimonial, senón a hospitalidade das nosas xentes”.

Temas: FiturRedondelaturismo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

La asombrosa restauración de una vivienda del rural de Vigo que plasma la historia de la ciudad

Así han rehabilitado una vivienda del rural de Vigo. Una transformación que ofrece un resultado moderno pero respeta la historia de la ciudad

PorAlfredo Teja
09/09/2025
Enfoque

El Catastro rechaza el recurso del Concello de Vigo y no cambiará la titularidad de los terrenos de la calle Lalín

La delegada de la Xunta en Vigo critica la "intención del Concello" de apropiarse del edificio para "bloquear" el centro de asociacionismo

PorCarlos I. Castrillón
09/09/2025
Enfoque

Exigen al Concello de Vigo un plan de tráfico especial para paliar los atascos por las obras y la vuelta al cole

El BNG critica la falta de previsión del gobierno local ante la intensificación del tráfico por el reinicio de la actividad lectiva

PorCarlos I. Castrillón
09/09/2025
Enfoque

Investigan a un vecino de Tomiño que pretendía enterrar vivos a 12 cachorros recién nacidos

El SEPRONA recibió un aviso alertando de las intenciones de este vecino de Tomiño. Localizaron 4 cachorros enterrados y todavía hay 6 de los que no se sabe nada

PorMetropolitano
09/09/2025
Enfoque

“Magníficos” datos de matrícula nos graos e dez novas titulacións para inaugurar o curso na UVigo

PorCarlos I. Castrillón
08/09/2025

Miles de estudantes iniciaron este luns os seus estudos nos tres campus - En maio a institución elixirá novo reitor ou reitora en substitución de Reigosa

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

04sepTodo el díaFiestas del Cristo en O Porriño - Programación completaO PORRIÑO | FIESTAS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X