O Concello de Salceda de Caselas ven de recibir unha subvención de 250.000 euros da Xunta de Galicia para poñer en práctica un novo "Programa Integrado de Emprego de Galicia", que beneficiará a 100 desempregados e desempregadas con diferentes perfís e nivel de cualificación. As persoas beneficiarias do programa integrado de emprego participarán nun mínimo de cinco accións individuais e tres accións de distinta natureza de xeito activo durante a duración do programa.
A formación agrupase en tres itinerarios formativos: un sociosanitario, no que se impartirá formación vinculada ao ámbito; un de almacén e transporte, no que se incluirá a obtención de dos permisos de conducir B e C; e un de industria, no que se incluirá formación relacionada coa automoción e procesos de fabricación en xeral. Ademais faranse prácticas formativas en empresas da zona coas que o Concello xa ten establecidos convenios de colaboración: Aceesca, Febeco, Playdesa, Industrias Proa e Sociser Galicia. Tamén colaboran a través de convenios a Asociación de Comerciantes e Industrias de Salceda "ACISA" e a Entidade Urbanística do Polígono de A Granxa.
O obxectivo da iniciativa é cumprir co compromiso de inserción laboral marcado dun 45%. "Os programas integrados de emprego son unha da políticas activas máis eficaces para mellorar a empregabilidade e a inserción laboral das persoas e reducir o desemprego. No anterior programa integrado executado en Salceda acadouse unha inserción de case un 60% e estou segura de que se cumprirá o obxectivo de novo“, explica Verónica Tourón, alcaldesa e responsable da área de emprego e formación.
O Concello de Salceda conta co Centro de Desenvolvemento Local O Torrón para levar a cabo este tipo de programas, onde xa se está a desenvolver un obradoiro de emprego dual dende o pasado 22 de outubro, ademais conta cun servizo de orientación e un técnico de emprego. Dende aquí se xestionará o programa con persoal técnico especializado.
Todas as persoas interesadas deberán estar anotadas na oficina de emprego y preinscribirse no seguinte formulario http://ow.ly/TAMu50GX62U ata o venres 3 de decembro.
Una terraza de Nigrán con increíbles vistas al mar suma una nueva propuesta gastro. Un restaurante de Vigo aterriza con su cocina fusión
Un conocido influencer argentino de casi medio millón de seguidores se enamora de O Porriño. "De los ayuntamientos más bonitos de España"
Renfe advierte de alteraciones en los trenes de Galicia por las obras en la estación de A Coruña. Estos serán los cambios de cara a verano
Detenido un vecino de Tomiño como supuesto autor de un robo con fuerza en una vivienda. Accedió con una llave obtenida ilícitamente
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL