O Concello de Salceda de Caselas está a realizar un traballo de revisión das fachadas dos edificios do casco urbano que non se manteñan limpas e en bo estado. A ordenanza de limpeza viaria e ornato público do Concello de Salceda de Caselas establece a obrigatoriedade de manter limpas e en bo estado todas as partes dos inmobles que sexan visibles dende a vía pública, e especialmente nos baixos, nos que as persoas propietarias deben “pechalos debidamente, con ladrillo ou bloque, levando a cabo o seu recebado, salpicado e, en todo caso, pintado”. O non cumprimento desta obriga considérase como infracción grave, o que carrexa multas que poden ir ata os 1.500 euros.
Nesta primeira fase, a policía local está a rematar o traballo de revisión das diferentes edificacións, e o departamento xurídico do Concello xa está a emitir os correspondentes informes que lles serán notificados aos propietarios e propietarias dos inmobles, establecéndolles un prazo para que procedan a realizar as tarefas de adecentado dos locais para evitar deste xeito a posible sanción.
O Concello de Salceda sinala que leva realizado un "importante esforzo nos últimos anos" por mellorar o aspecto das súas rúas e espazos públicos, coa recuperación de espazos para as persoas, a creación de novas zonas verdes ou a instalación de mobiliario urbano sobre o que destacan as xardiñeiras e maceteiros que se teñen convertido xa en sinal de identidade da vila, e que supuxeron a concesión de dúas flores no certame “Vilas en flor” que premia este tipo de actuacións ao longo de todo o País.
O aspecto das fachadas dos edificios resulta fundamental para contribuír ao embelecemento da vila, e aínda que moitos destes locais xa se foron adecuando á normativa, é certo que outros permanecen sen rematar, con paredes de ladrillo ou incluso sen pechar, amosando un aspecto descoidado que non favorece a sectores como o turismo ou o comercio, e que agora se pretende atallar dende o Concello.
Loli Castiñeira, alcaldesa accidental de Salceda, destaca que “o Concello leva realizado un importante esforzo para ofrecer a mellor cara da vila a veciñanza e visitantes, contribuíndo deste xeito a potenciar Salceda como vila de destino de numerosas persoas. Unha imaxe axeitada dos inmobles completará o traballo realizado ofrecendo unhas rúas máis atractivas, polo que apelamos á responsabilidade e á colaboración das persoas propietarias deses locais para seguir a construír esta Salceda que tanto queremos entre todos e todas”.
El alcalde de Vigo pide la implicación de Xunta y Diputación para financiar la ampliación de aforo de Tribuna
Vigo sumará un nuevo edificio con 20 viviendas de promoción pública. Se construirá con una técnica innovadora
La ruptura de uno de los depósitos del Puerto de Vigo ha provocado un derrame sobre el mar. Así están trabajando para controlar el vertido
La OCU sitúa el recibo del agua de Vigo como el más caro de Galicia y por encima de otras ciudades de España como Madrid, Zaragoza o Gijón
A homenaxeada é enxeñeira principal de Sistemas no Centro Espacial Goddard da NASA
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL