O Concello de Salceda de Caselas vén de solicitar unha subvención ao IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía) para o cambio de todas as luminarias do concello por importe de 1.435.031,82 euros, a cargo dos fondos europeos do programa de rexeneración e reto demográfico do plan de recuperación, transformación e resiliencia.
Con este cambio, que abarcaría 2.778 puntos de luz en todo o municipio, completaríase o proceso iniciado vai uns meses, cando se procedeu ao cambio das luminarias do casco urbano por parte da Concellería de Servizos Municipais, dirixida por Miguel González. Coa substitución das vellas luminarias de sodio polas modernas de LED acadaríase unha redución do consumo enerxético do 70%, así como unha redución das emisións de CO2 á atmosfera.
Outro dos aspectos importantes é a mellora no servizo prestado a cidadanía, xa que as modernas luminarias de tecnoloxía LED contan con maior intensidade e claridade na iluminación. Ademais, estas novos puntos de luz incorporan un sistema de telexestión, o que permitiría modificar a potencia lumínica segundo as necesidades e a situación do punto.
A solicitude feita enmárcase dentro da medida 4 do programa DUS 5000, que procura a loita contra a contaminación lumínica, alumeado eficiente e intelixente, Smart Rural e TIC. Este programa vai dirixido a concellos de menos de 5.000 habitantes, ou concellos de ata 20.000 habitantes con núcleos de poboación de menos de 5.000.
El sorteo de la Bonoloto dejó una pequeña alegría en Vigo. Un boleto sellado en un estanco de Coruxo tuvo un buen premio
El pan, la industria, la piedra y Antonio Palacios, protagonistas en el escudo y en la bandera de O Porriño que aprobó el Consello de la Xunta
Después de celebrar su primer aniversario, una cafetería y "patisserie" de Vigo abre su segundo local. Así celebrará su inauguración
Los usuarios y usuarias de las playas de Baiona podrán volver a bañarse en Ladeira y Santa Marta. Ambas vuelven a tener un agua "excelente"
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL