O Concello de Salceda de Caselas ven de anunciar a reanudación do mercado semanal dos mércores a partires deste mércores 27 de maio, máis de dous meses despois da súa suspensión por mor do decreto de estado de alarma. Nesta primeira fase volven os postos do sector agroalimentario, 15 no caso de Salceda de Caselas, o que supón algo menos do 25% dos postos totais do mercado. O sector téxtil terá que agardar polo de agora a que as novas normas permitan o seu retorno con tódalas garantías sanitarias.
O Concello ten coordinado coa policía local o dispositivo de funcionamento do mercado a partires deste mércores, coa colocación de vallas e encintado que delimiten a zona de paso da clientela, asi como coa colocación de cartelería ao longo de todo espazo, na que se recollerán as normas a cumplir polas persoas que acudan a facer as súas compras. A policía local velará polo cumprimento do aforo nestes postos, tal como se ven realizando xa nos últimos dous meses na praza de abastos.
Lembran dende o Concello a obrigatoriedade de asistir con máscaras protectoras a realizar as compras, así como de gardar as distancias e cumprir coas instrucións que vaia indicando a propia policía local, que neste caso contará co apoio de protección civil.
A alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, sinala que "iremos dando pasos na reactivación dos moitos servizos municipais sempre que se poidan cumprir os protocolos, que resultan complexos e moi custosos. Apostamos pola nosa Praza de Abastos dende o comezo, e agora sumamos a activación do mercado semanal”.
Pola súa banda, a concelleira de Comercio, Verónica Tourón, afirma que “damos un pasiño máis na reactivación da economía local, e facémolo en todo momento cumprindo as normas e garantindo a seguridade tanto para o sector ambulante como para a propia clientela”.
El sorteo de la Bonoloto dejó una pequeña alegría en Vigo. Un boleto sellado en un estanco de Coruxo tuvo un buen premio
El pan, la industria, la piedra y Antonio Palacios, protagonistas en el escudo y en la bandera de O Porriño que aprobó el Consello de la Xunta
Después de celebrar su primer aniversario, una cafetería y "patisserie" de Vigo abre su segundo local. Así celebrará su inauguración
Los usuarios y usuarias de las playas de Baiona podrán volver a bañarse en Ladeira y Santa Marta. Ambas vuelven a tener un agua "excelente"
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL